martes. 17.06.2025
El tiempo

Evento

Simposium Monte Pindo

01/out./2016 a 01/out./2016
10:00 h a 10:00 h
Simposium Monte Pindo
Simposio Monte Pindo 2016-Fuxidos Menuda historia a dos Fuxidos no As de Sel. E menudas historias as que hai detrás das rochas do Monte Pindo dos tempos do franquismo. Os chamados fuxidos, ou escapados, serán os protagonistas do V Simposium Monte Pindo, que artella a Asociación Monte Pindo Parque Natural. A confraría do Pindo acollerá este evento o vindeiro sábado 1 de outubro, baixo o tíulo «A Memoria dos Fuxidos». É a primeira edición de carácter monográfico, servindo de homenaxe a todos os que rubiron as ladeiras do Olimpo Celta escapando da guerra e da represión franquista despois do golpe de estado de xullo de 1936. Milleiros de veciños da contorna tentaron fuxir ou ben cederon finalmente ante falsas promesas de seren amnistiados; pero moi poucos porén volverían a ver as súas familias. Haberá tempo para ver o filme “A Mariñeira de Quilmas”, dirixido por Antón Dobao inspirado nun relato de Darío Xoán Cabana. Ambos estarán presentes. Falará o historiador Eliseo Fernández, que focalizará na incrible, e digna de pasar á gran pantalla, historia dos fuxidos no As de Sel. Non podería faltar Luís Lamela co seu libro “Escapado”, un dos libros indispensables para entender a historia da nosa comarca en tempos do franquismo. A súa palestra está titulada «A sublevación militar franquista e os escapados do Monte Pindo» e desenvolverase despois de comer. E para pechar o simposio, Moncho Ermida, quen vén de publicar este verán o libro “Mortos por amor á Terra”. Os que queiran tamén poden reservar para xantar no restaurante da pensión A Morada no Pindo, para o que haberá que anotarse en info@montepindo.org ou chamando ao 655 56 43 72. O prezo é de 15€ por comensal. .

Novas sobre o Olimpo Celta e os fuxidos

Novas do Simposium

Comentarios