sábado. 15.03.2025
El tiempo

Evento

Teatro cómico en Muxía

05/maio/2018 a 05/maio/2018
7:30 h a 6:00 h
Teatro cómico en Muxía
O vindeiro sábado, 5 de maio, comeza a programación en Muxía polo Día das Letras Galegas cun espectáculo que ten moito que ver coa nosa fala “Falar sen cancelas” con Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei e dirixida por Diego Rey. O espectáculo será posto en escea no Salón de Actos do Voluntariado ás 19, 30 horas. As entradas, poñeranse á venda a partires das 19.00 ó prezo de 1 €. Ficha artística Elenco: Fran Rei, Isabel Risco, Pedro Brandariz Dirección: Diego Rey Xéneros: Comedia, clown e improvisación Duración: 75 minutos Público: Adulto Tipo espectáculo: Teatro adult@s Sinopse “Hai xente que fala por falar. Outros falan polos cóbados. Algúns falan os sete falares. E non son poucos os que falan do xato e se esquecen do trato. Porque prefiren falar dos biosbardos, das nubes ou do sexo dos anxos antes que ir ao conto. Soltar unhas parrafadas -mesturando o allo co bugallo e sen querer quitarlle lobos ao asunto- é unha arte que, se se manexa ben, dá xenio escoitar. En definitiva, que o falar non ten cancelas; porque temos, igual que acontece coa choiva, mil e unha maneiras de describir as nosas formas de conversar”.
Comentarios