xoves. 13.02.2025
El tiempo

Evento

Teatro de Commedia en Muros

20/out./2018 a 20/out./2018
9:30 h a 6:00 h
Centro Cultural
Teatro de Commedia en Muros
Commedia de Contraproducions Día e hora: sábado 20 de outubro, ás 21:30 h Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros Actividade: Teatro – Contraproducións - “COMMEDIA. 25 anos despois” O sábado 20 de outubro, ás 21:30, estará en Muros a compañía de teatro profesional galego: CONTRAPRODUCIÓNS; coa fin de amosar ao público de Muros a súa recentemente estreada produción “COMMEDIA. 25 anos despois”, que acadou un éxito rotundo na súa estrea, na MIT de Ribadavia deste ano, do mesmo xeito que sucedera fai vinte e cinco anos. En 1.993, na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, estreábase COMMEDIA un xoguete para Goldoni un espectáculo que acabou sendo un dos fitos do teatro galego. Hoxe, 25 anos despois, repetindo no posible o mesmo equipo creativo, a compañía Contraproducións recrea aquela experiencia, para celebrar aquela festa teatral. Fai 25 anos xa estivera en Muros, e por iso fomos dos primeiros convidados en repetir a experiencia. Un auténtico luxo! Neste enredo Arlecchino encontra unha carta de amor no mandil da súa muller e, erradamente, pois a carta non era para ela, pensa que ela o engana. Desesperado, quere matarse. Pero deteno unha misteriosa voz que vén de ningures e que lle da un anel máxico que ten a extraordinaria propiedade de facer perder a memoria a quen o pon. Arlecchino esquéceo todo. Pero, como dano colateral, esquece tamén a noción das convencións sociais. A partir deste arranque argumental sucédense unha serie de divertidos equívocos e enxeñosos enredos nos que participan algunhas das principais figuras da “commedia dell ́arte”: o cutre taberneiro Brighella, o pedante Dottore, o avaro Pantalone, o fanfarrón Capitano, a encantadora Arxentina… Un argumento que, máis alá do imprescindíbel alarde formal e lúdico, da pé para xogar criticamente cos manidos tópicos do amor romántico e os riscos do exercicio indiscriminado da sinceridade. Dirección e traballo textual: Cándido Pazó Elenco: Vítor Mosqueira, Marcos Orsi, Avelino González, Nuria Sanz, César Goldi, Sergio Zearreta (menudo elenco! Poucas persoas poderán dicir que non coñecen o traballo da maioría…) As entradas, con un prezo de 3,50 €, xa están a venda nas oficinas do centro cultural. Espectáculo incluído na Rede Galega de teatros e auditorios.
Comentarios