Evento
Teatro en Familia en Carballo
É certo que estradas e outras infraestruturas carballesas están sendo obxecto de renovación, están sufrindo obras de remodelación. Pero as obras máis importantes do ano danse no Pazo da Cultural. Así o refrenda a imaxe da cartelería no novo programa dos Venres Culturais, cun escenario cultural en obras e, polo tanto, en proceso de mellora e transformación permanente.
Teatro, rock, arte, espectáculos infantís... Un pouco de todo que permitirá que os carballeses e as carballesas teñan polo menos unha cita por semana de aquí á Semana Santa, e iso sen contar a programación de Entroido.
As entradas custarán entre 2 e 5 euros (poderán reservarse dende 15 días antes da celebración de cada espectáculo). Tamén haberá abonos para sete espectáculos a 21 € (16 € para estudantes con carné, maiores de 65 anos e menores de 12).
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).