luns. 21.04.2025
El tiempo

Evento

Teatro en Laxe

08/nov./2015 a 08/nov./2015
19:00 h a 19:00 h
Teatro en Laxe
Mostra de teatro laxe 2015 O concello de Laxe e a asociación de teatro municipal Folerpas xa teñen todo preparado para IX Mostra de Teatro de Outono de Laxe que comeza o domingo 18 de outubro. Durante cinco domingos, do 18 de outubro ao 15 de novembro, o salón de actos do municipio laxense será o escenario elixido para as distintas actuacións teatrais que tratan de promover o teatro aficionado entre a veciñanza. De aí que maior parte das obras están interpretadas por actores e actrices de carácter aficionado chegados dende distintos puntos da bisbarra. O broche da mostra virá da man de Ghazafelhos, de Ferrol, un grupo de teatro profesional que representarán a súa obra “O país dos mandóns” o domingo 25 de outubro. As actuacións están dirixidas a todos os públicos e a entrada é de balde. Fonte Redacción QPC (info@quepasanacosta.com) Concello de Laxe
Comentarios