Remata a XI Mostra de Teatro, cunha marea de obras que terán lugar no centro cívico de Malpica.
Sábado, 12 de decembro: “O cantar dos cantares”
Unha rexoubeira, e un crego autoritario, nunha aldea galega, da década dos anos 50, queren imponer o seu pensamento a toda a veciñanza; así que argallan todo tipo de estratexias incluso ameazas para sometelos ás súas ideas. A comedia, interpretada por Os Amigos de Malpica, comeza ás 20 horas.