Evento
Teatro en Muros
21/out./2017 a 21/out./2017
9:30 h a 6:00 h
14:29 17/10/17
O ESPECTÁCULO “NACIDAS LIBRES”, DE CONTRAPRODUCIÓNS, ESTARÁ NO CENTRO CULTURAL DE MUROS ESTE SÁBADO, DÍA 21, ÁS 21:30
Día e hora: sábado 21 de outubro, ás 21:30 h
Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
Actividade: Teatro – Contraproducións -
“Nacidas libres”
Catro actrices que atravesan esas idades nas que corren o risco de desaparecer do mundo do espectáculo, fartas de non recibir ofertas de traballo, deciden autoempregarse e montar unha peza, xuntándose nunha aula de cultura, hai anos pechada, dunha entidade bancaria que hai anos cambiou de nome.
En vista de que non topan textos para catro mulleres, aventúranse a promovelo elas, encomendándollo a unha xove escritora que vive emigrada, partindo dunha noticia aparecida nos xornais: A policía rescata tres monxas indias retidas contra a súa vontade nun convento de clausura en Santiago Con esa inspiración van argallando un espectáculo en múltiples planos no que, con rigor e obxectividade, pero con frescura, dinamismo, emoción e pinceladas de humor, entran no entramado argumental do caso, pero tamén en múltiples reflexións e referencias a diversos temas vistos desde a perspectiva de xénero: a desigualdade, a ilusión da liberdade, os condicionantes da muller nas distintas culturas, a emigración…
Catro actrices que interpretan unha ducia de personaxes. Un escenario no que se representan os máis variados espazos e situacións.
Co mesmo elenco de "As do Peixe", Mónica Caamaño, Rocío González, Susana Dans y Casilda Alfaro, que trunfou na escena galega, e que tamén puidemos ver en Muros, Contraproducións estreou en Cangas este novo espectáculo o presente verán, sendo o último traballo que a compañía de Cándido Pazó e Belén Pichel puxo en marcha "Nacidas libres”.