Xoves. 12.09.2024
El tiempo

Evento

Teatro en Muros

03/nov./2017 a 03/nov./2017
9:30 h a 6:00 h
Teatro en Muros
  • Día e hora: venres 3 de novembro, 21:30 h
  • Local: Centro Cultural de Muros
  • Actividade: Teatro – BONJOURMONAMOUR TEATRO: “Un tonto en una caja”
  • Autor: Martín Giner.
  • Director: Carlos Santos
  • Intérpretes: Pedro Segura, Macarena de Rueda e Viceng Miralles.
A obra suxire a existencia dunha sociedade onde os homes sedividen en Notables, Grandes e Pequenos, estando os Notables na cúspide da pirámide intelectual e económica. Un destes notables recibe por correo unha caixa supostamente enviada polo Diaño, e invita a unha xuntanza na súa casa a un Pequeno e un Grande para descubrir se as máxicas propiedades da caixa son reais. Con moito humor e ironía, a obra seguirá a estes persoeiros durante toda unha noite onde só sobrevivirá o máis astuto. Unha comedia sarcástica e de humor negro escrita polo arxentino Martín Giner que recapacita sobre a astucia e ironiza sobre a sociedade de clases. Non é común que un dramaturgo teña oportunidade de falar co futuro director da súa obra, antes de escribila; mais foi deste xeito no caso que nos ocupa. El enganchouse coa idea e nunhas semanas o texto de “Un tonto en una caja” tomou forma; e de aí en diante foi deses proxectos que toman vida propia. O actor murciano Carlos Santos, gañador do Goya ao mellor actor revelación pola película “El hombre de las mil caras”, volta á dirección teatral con “Un tonto en una caja”. A estrea mundial deste espectáculo, foi en Arxentina o ano pasado, en España estreouse en febreiro deste mesmo ano en Murcia, pasando logo por Cartagena, Sevilla, Málaga e chega a Madrid en abril, onde permanece tres meses en cartel. En novembro fai unha pequena xira por Galicia, que inclúe esta actuación no centro cultural de Muros.
Comentarios