venres. 07.02.2025
El tiempo

Evento

Teatro en Muros

03/nov./2018 a 03/nov./2018
8:30 h a 6:00 h
Teatro en Muros
Día e hora: sábado 3 de novembro, 20:30 h Local: Centro Cultural de Muros Actividade: Teatro – ASOCIACIÓN CULTURAL E TEATRAL TROTACONVENTOS: “Historias de Reloxo” Obra escrita e dirixida por Carlos Freire Trotaconventos é un grupo de teatro afeccionado da Coruña, forma parte da campaña "Stop ao tráfico de menores" da ONG "Tierra de Hombres", as pezas que representan, todas son comedias nas que se deixa ver un fondo social e da realidade que queren transmitir ou reivindicar. Este ano estreou unha nova comedia sobre a inquisición, onde se deixan ver os trapos luxos dos herexes e dos inquisidores, utilizando estes últimos un sistema de suxestión un tanto "doloroso"..... Unha peza teatral que sitúa ao espectador na Coruña dos anos corenta. Bótase man na representación de personaxes típicas da cidade daqueles tempos tan escuros. Desfilarán polo escenario un garda civil corrupto e autoritario, tres mulleres de clase acomodada, que deixarán ver como concibían as clases máis favorecidas a sociedade daqueles tempos, un home de casa grande, sen escrúpulos, que tentará facerse cun reloxo que non lle pertence. E o clero, representado por un cardeal, afanado o home en dar bendicións e na venda das súas bulas que permiten ao que as merca comer carne nos días de coresma. A clase traballadora estará representada por un carteiro, un recadeiro de hotel e unha pranchadora. O horario será nesta ocasión ás 20:30 h, que non é o habitual neste espazo, e as entradas, que xa están a venda son a 2,50 €.
Comentarios