Luns. 09.09.2024
El tiempo

Evento

Teatro en Muxía

12/nov./2016 a 12/nov./2016
21:00 h a 21:00 h
Teatro en Muxía
foucellas talia teatro A compañía galega Talía Teatro presenta este sábado, 12 novembro, as 21:00 h. no Salón do Voluntariado de Muxía o seu último espectáculo, ‘Foucellas’. Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez e Artur Trillo dan vida á historia do famoso maquis galego, na que ficción, mito e realidade se mesturan para nos propoñer unha reflexión sobre un momento único e determinante da nosa historia. A nova proposta ven referendada por un dos grandes nomes da escena galega, Cándido Pazó, quen dirixe e asina o texto orixinal escrito ex profeso para este espectáculo. Unha peza dramática que, alén de afondar no mítico personaxe galego de Foucellas, propón unha reflexión profunda sobre un transo co que, privada ou colectivamente, ás veces nos enfrontamos: a xestión da esperanza e a administración da derrota. Dani Trillo asina a escenografía e o deseño gráfico da obra, mentres que Artur Trillo se encarga da distribución desta proposta, na que participan, así mesmo, Afonso Castro (iluminación), Martina Cambeiro (vestiario e maquillaxe), Manuel Riveiro (música), Auri Ferreiro (produción), Rubén Prieto (fotografía e vídeo) e Belén Pichel (axudante de dirección). As entradas para asistir a representación de ‘Foucellas’ poderán adquirirse no despacho de billetes do Salón do Voluntariado de Muxía a partir das 20:30 h
Comentarios