sábado. 15.03.2025
El tiempo

Evento

Teatro en Vimianzo

18/mar./2017 a 18/mar./2017
9:30 h a 6:00 h
Casa da Cultura
Teatro en Vimianzo
programcion casa cultura vimianzo programcion casa cultura vimianzo Destacadas figuras do panorama galego daranse cita nos vindeiros meses no auditorio da casa da Cultura de Vimianzo. O motivo é a programación para adultos que o concello vén de dar a coñecer. Federico Pérez, Victor Mosqueira, Marcos Orsi, Evaristo Calvo, Ana Sanz, Marcos Pereiro, Santi Romay, Susana Dans, Mónica Caamaño, Mabel Rivera, Patricia Lorenzo, Josi Lage ou Celso Parada serán algúns dos actores que pasarán polo escenario. Os espectáculos terán distintos prezos, sendo 5€ a entrada máis cara. Haberá un bono para as sete actuacións de 20€ e os estudantes e maiores de 65€ teñen desconto. Todos os espectáculos comezan ás 21:30 horas. A primeria cita é xa este sábado, día 4, ás 21.30 horas da man de Produccións Teatrais excéntricas que interpretarán “Os amores de Jacques o Fatalista”. A entrada ten un custe de 5€ (2,50€ para estudantes e maiores de 65 anos).
Comentarios