Mércores. 18.09.2024
El tiempo

Evento

Teatro sobre alzhéimer en Cee

28/out./2017 a 28/out./2017
8:30 h a 6:00 h
Casa da Cultura
Teatro sobre alzhéimer en Cee
O Centro Social xunto coa Concellería de Cultura de Cee dentro do programa Outono cultural organiza un obradorio de teatro e memoria no Centro social o venres 27 de outubro ás 10.30h, un proxecto da compañia de teatro ButacaZero. O proxecto na butaca nace da necesidade de falar sobre o esquecemento, en escena. Pero tamén na necesidade de reflexionar, e de compartir as nosas reflexións ou de pensar entre todos que implica a memoria e o esquecemento. Os obradoiros que propoñen como complemento ao espectáculo teñen moitos intereses, sendo estes os principais: 1.- Achegar o teatro á poboación como ferramenta para pensarnos e repensarnos, e tamén como ferramenta para axudarnos a vivir mellor. Utilizar por tanto o teatro como ferramenta de comunicación total, non só en escena, senón na nosa vida. 2.- Achegar o teatro á xente no intento de que a xente se achegue ao teatro. A obra de teatro podera verse o sábado 28 ás 20.30h na Casa da Cultura.
Comentarios