Luns. 09.09.2024
El tiempo

Evento

Venres Nejro, Ruta da Filloa e Magosto en Baio

25/nov./2016 a 26/nov./2016
14:00 h a 00:00 h
Venres Nejro, Ruta da Filloa e Magosto en Baio
banner-venres-nejro-filloa-baio

Fantástica a resposta do comercio e hostalería de Baio ás propostas de unión. A Asociación de Empresarios Comarca de Soneira está conseguindo unificar o sector económico baies e bo exemplo disto é a campaña, en colaboración co Concello, en contra da Violencia Machista, na que están implicados máis de 100 establecimentos de Baio, polos 60 de Carballo.

Pero ademais, esta semana do #25N vén marcada tamén, comercialmente, polo famoso #BlackFriday. E como pola volta somos así de bravos, toca chamarlle #VenresNejro. Así, durante o venres 25 e o sábado 26 haberá numerosos descontos nos establecimentos.

Pero para completar a oferta, a Asociación armou tamén a 1ª Ruta da Filloa en Baio. 13 locais de Baio prepararán filloas para todos os gustos (doces, salgadas, soas…) a 1€ para gozar dunha fin de semana completa.

Magosto

Non queda aí a cousa. A Asociación Adro tamén se une á causa e prepara para o sábado 26 un Magosto. Ás 19:00h haberá obradoiros para os nenos (necesario apuntarse), e a partir das 21:00h, degustación de castañas e festa rachada.

Queda demostrado que Baio está moi activo, como o demostra a páxina de Facebook Actívate en Baio.

Novas relacionadas Fonte
Comentarios