![]()
Despois do
éxito das visitas guiadas ao Castro das Barreiras de Vimianzo polo mesmo Tito Concheiro e unha vez rematada a primeria fase das escavacións desta masestuoxa construcción, o concello de Vimianzo dá unha nova oportunidade de visitar o xacemento da man do director das escavacións. A cita será o próximo sábado, 2 de xuño, ás 12:00 horas. Para asistir é necesario anotarse previamente a través do enderezo electrónico
[email protected] ou nos números de teléfono 981 716 001 - ext 1235 (luns a venres, en horario de mañá). Esta é unha actividade gratuita e limitada a 50 participantes co fin de se desenvolva nas mellores condicións.