Evento
Xornadas mariñeiras do Pindo
23/xuño/2017 a 25/xuño/2017
12:00 h a 6:00 h
10:38 15/06/17
Xa está en marcha o progrmas da XII edición das Xornadas de Pesca "Construíndo Mar" organizadas pola Confraría de Pescadores do Pindo que se celebrarán a última fin de semana do mes de xuño.
A cita arranca o venres, día 23, ás 17 horas, momento no que se inaugurarán e se presentarán as xornadas. Logo comezarán os coloquios onde se tratarán temas como o pósito do Pindo, o papel da muller na carpitenría de ribeira, a evolución dos traballos de construcción das embarcacións. Para iso, contan con expertos nas materias como Xilberto Caamaño Beiro, Fátima Rodríguez e Tuíño, Joaquín Fabeiro, Manolito do Ceguiño e Javier Carracedo. O primeiro día das xornadas remata cunha degustación de productos mariñeiros.
Xa o sábado, as xornadas comezan ás 10 horas coa intervención de Gerardo Triñares que falará sobre o presente e o futuro das embarcacións de madeira. A continuación, Francisco Fra Rico profundizará sobre a fala dos carpinteiros de ribeira e da momenclatura das ferramentas empregadas. Despois dunha pausa para un café, intervirá de novo Francisco Fra Rico para explicar e demostrar en vivo tarefas relacionadas coa construcción de embarcacións tradicionais e os participantes visitarán unha antiga carpintería de ribeira.
Na tarde do sábado continúan as xornadas da pesca con Lino Lema que falará sobre os tipos de embarcacións tradicionais. Logo será o turno de Óscar Fuertes Dopico para profundizar sobre a arquitectura das carpinterías de ribeira. Despois dun descanso, intervirán varios expertos para falar sobre a posta en valor e da recuperación do patrimonio marítimo. As xornadas do sábado rematan cunha sardiñada.
E xa o domingo, as xornadas continúan ás 10:30 horas da man de Santiago Llovo que falará sobre o patrimonio industrial costeiro como motor da economía do Pindo e a continuación haberá unha visita guiada á lancha xeiteira e á buceta. Abelardo Senande Freire, Lino Lema, Santiago Llovo e Óscar Fuertes sacarán a debate o tema da preservación do patrimonio da carpintería de ribeira como factor de desenvolvemento económico. A directora do ISM de Muros - Benita Valle Mayo - será a encargada de clausuras a duodécima edición das xornadas de Pesca.
Actividades paralelas
Ademais das citas que se enmcarcan dentro destas xornadas, durante o mes de xuño desenvolveranse distintas actividades dirixidas ao público infantil como rutas guiadas polo proxecto Pindo Mariño, un obradoiro de cesteiro e outras medioambientais con Mar de Fábula e un concurso literario.
Máis información
Máis información e inscricións: 981 764 815, [email protected].Novas relacionadas
- 2016: Xornadas de Pesca: O Pindo segue medrando sen deixar de ollar o mar
- Programa Xornadas 2015: 10 anos seguindo a remar dende o Pindo.
- Unha visita escolar ao mar do Pindo.
- 2013: O Pindo botou outra ollada ao seu mar cunhas doces e poéticas Xornadas.
- 2012: O mar fundiuse de recordos nas Xornadas de Pesca do Pindo.
- 2011: O Pindo declaroulle o seu amor ó mar a pesar de todos os problemas no sector.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).