sábado. 09.11.2024
El tiempo

Evento

Xornadas Micolóxicas Paco Souto de Ponteceso

24/nov./2018 a 24/nov./2018
10:00 h a 6:00 h
Xornadas Micolóxicas Paco Souto de Ponteceso
xornadas micoloxicas ponteceso 2018

As IV Xornadas Micolóxicas Paco Souto de Ponteceso xa levan o nome do escritor, percebeiro, político e gran activista social e cultural Paco Souto, que, precisamente, fora o coordinador das dúas primeiras edicións antes do seu inesperado falecemento, en marzo do ano pasado.

A xornada, organizadas pola Concellaría de Educación, Patrimonio e Asociacionismo, e a asociación veciñal, cultural e deportiva A’Xolda (Cores–Nemeño), será o vindeiro sábado 24. Ás 10:30 horas, afeccionados/as á micoloxía e público en xeral daranse cita na Biblioteca Municipal para iniciar un particular percorrido por diferentes puntos do municipio xunto a Manuel Pose Carracedo, coordinador da actividade, que guiará a visita xunto a José García, colaborador e experto na materia. Ao longo da mañá procederase á recolleita dos cogomelos con explicacións in situ sobre as diferentes variedades existentes na contorna e algunhas recomendacións a ter en conta para distinguir as especies velenosas das comestibles. Xa pola tarde, a partir das 16:30 horas, procederase á catalogación de todos os produtos recollidos durante o día, e ás 20:00 horas dará comezo no local social da Campara unha degustación de setas con elaboracións do cociñeiro Bautista Mato.

As persoas que estean interesadas en participar deberán inscribirse previamente chamando ao telefono 981 715 442 ou enviando un mail a: [email protected]. Hai un límite de 25 prazas.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-efa-fonteboa-tamen-sae-por-cogumelos/ https://quepasanacosta.gal/os-concursos-dinamizan-as-xornadas-micoloxicas-de-zas/ https://quepasanacosta.gal/pois-si-que-tinan-ganas-de-sair-tanto-a-xente-como-os-cogumelos/
Comentarios