luns. 21.04.2025
El tiempo

Evento

XV Xornadas Micolóxicas Costa da Morte

07/nov./2015 a 08/nov./2015
00:00 h a 00:00 h
XV Xornadas Micolóxicas Costa da Morte
  micoloxía-cee1 Despois chégalle o turno ás xa míticas XV Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte, que artella a Asociación Pan de Raposo e que este ano estrean a Casa da Cultura de Cee. Serán os días 7 e 8 de novembro nas que José Manuel Marcote guiará unha visita e ofrecerá unha conferencia sobre a toxicidade dos cogumelos. Pola súa banda, David Martínez Lago falará sobre as aves presentes na Costa da Morte. E xa o domingo 8 de novembro pola mañá, Manuel Pose Carracedo guiará unha visita e pola tarde, Marcote ofrecerá unha nova charla sobre “Os cogumelos comestibles e posibles confusións”. Paralelamente, a casa da cultura de Cee acolle ese mesma fin de semana unha exposición de especies micolóxicas e dos traballos realizados polos rapaces e rapazas dos colexios da zona. O hotel restaurante Larry, de Cee, ofrecerá unha degustación de pinchos onde os cogumelos serán o principal ingredinte. Xornadas Micoloxicas de Cee 2015  
Comentarios