Venres. 29.03.2024
El tiempo
Alberto Pose
11:54
17/12/13

Da ilusión que xeneran os cromos da Costa

Da ilusión que xeneran os cromos da Costa
O intercambio de cromos da Costa xa e unha escena habitualFoto-Jorge Parri

Os cromos do Fútbol da Costa xa están a venta. Despois de varios meses de traballo, xogadores, directivos, adestradores e afeccionados en xeral poden disfrutalos, pero tamén teño que dicir que para o grupo de traballo que conseguiu que este proxecto vira luz é un soño feito realidade e vendo a aceptación que esta tendo e dobremente satisfatorio. No pouco tempo que levan a venta doume tempo de vivir en primeira persoa situacións que fan que a min, persoalmente, me dean folgos para seguir traballando e darlle unha continuidade a este soño.

Ver como un neno chamado Andrés abría os sobres de cromos a ver se lle tocaba o do seu irmán, xogador do Buño, e verlle esa cara de ilusión e ledicia foi para min unha experiencia única e creo que irrepetible. Ou tamén o apoio que nos dou Carlos, dono de Chuminadas, en que seguiranos apostado durante moitos anos por este proxecto. Tamén ver como todo un veterano do fútbol da Costa como Tucho, xogador do Ponteceso, intercambia cromos co bo de David Castro.
Son anécdotas coma estas as que fan que sigas coas mesmas gañas e ilusións que cando empezamos co proxecto, xa que estaban un pouco decaídas despois dun duro traballo.

Anécdotas, aceptación, sorrisos... todo moi bonito, pero no fútbol da costa sempre hai algo ou alguén que fai que todo isto se escureza, pequenos comentarios ou feitos que fan, que todo as vivencias positivas e sorrisos pase a un segundo plano e te pares a pensar si vale a pena todo o que fixemos.

Sei que hai que quedarse coas cousas positivas e aprender das negativas, pero a min éntranme dúbidas si para o ano que vén traballarei neste proxecto novamente. Un soño que me aportou experiencias para a memoria eterna, como por exemplo as que comentaba anteriormente ou estar unha fin de semana co David Vidal, e por enriba de todo, a de compartir todo isto cos meus compañeiros de aventura, os que todos coñecedes.

Outros artigos de Alberto Pose.

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios