Venres. 29.03.2024
El tiempo
Alberto Pose
20:30
04/02/13

Da inmensa cobertura informativa do #futboldacosta

Da inmensa cobertura informativa do #futboldacosta
Os colaboradores de QPC Alberto Pose, á dereita, e Óscar Santos, á esquerda, comentando a final da Copa da Costa 2012 na Radio Nordés

Sempre que falas do fútbol da Costa noutros ambientes futbolísticos, todo o mundo ten a mesma opinión: mediático. Si, todos quedan sorprendidos da cobertura informativa do noso fútbol. E paraste a pensalo e teñen moita razón.

Atrás quedan os anos en que Jose manuel Ferreiro nos escribía na Voz de Galicia as crónicas do fútbol costeiro, as únicas naquelas tempos, e a parte de periodista, o bo de Ferreiro facía de informador para todos os clubes. A el dirixiámonos para saber horarios, sancionados... eran tempos sen internet, facebook... e a voz era a única que daba información. Aínda sorte que xa tiñamos móbiles.

Co paso dos anos apareceron novos medios que se interesaron polo fútbol costeiro, Deporsport e DXT fan unha cobertura moi ampla. Coa chegada das novas tecnoloxías foi realmente cando se pegou un salto tremendo. Aparecen áaxinas de clubes, foros, etc... onde aparece información relativa ao clube e ao fútbol costeiro en xeral.

Hoxe en día hai moitas paxinas onde nos podemos informar sobre todo o que pasa a fútbol da costa. Somos a envexa, o fútbol coruñes non ten esta cobertura informativa. Hai que darse conta, que incluso unha radio de ámbito nacional ten un programa diario para falar do deporte costeiro. Somos uns privilexiados, aproveitémolo, e démoslle un pulo ao fútbol da Costa. Xa non falo da final da copa, tres radios, medios de toda Galicia... están presentes nela. Iso é flipante, pero e asi.

Gracias a todos polo que facedes polo fútbol da costa e pola súa divulgación o resto das xentes. Non me queros esquencer de ninguén pero polo menos teño que nomear aos Ferreiro, Radio Nordés, Radio Voz, QPC, DXT, Deportsport, Jorge Parri, O Pirata, Luis Porto... e a David Castro que estrea blog. Gracias a todos!

Artigos relacionados

Outros artigos de Alberto Pose.

Fonte

Comentarios