Venres. 19.04.2024
El tiempo
David Castro
21:30
04/04/12

Entrevista de David Castro con Dani Carracedo

Entrevista de David Castro con Dani Carracedo
Dani Carracedo en Rois (pincha na foto para ler a entrevista completa en QPC MOTOR) Daniel Carracedo Domínguez, nado en Laxe o 16 de setembro de 1989, é, a pesar da súa xuventude, un dos pilotos de enduro máis importante do panorama galego, aínda que tamén disputa algunhas probas do campionato galego de motocross e de supercross. O seu palmarés é espectacular con tan só 22 anos no que cabe destacar no ano 2007 un campionato galego junior de Enduro, ademais do campionato de España junior tamén na disciplina de Enduro. No ano 2009 disputou o Mundial de Enduro na categoría sub-21/Junior, no que quedou como 4º clasificado.  

Entrevista de David Castro con Dani Carracedo

  • David Castro: Boas Dani, ¿a que anos comezaches a andar na moto?

Dani Carracedo: Boas! Pois o gusanillo polas motos tíveno sempre dende pequeno, xa que na miña casa sempre houbo motos. Aos 8 anos empezaba a dar os meus primeiros pasos nunha moto eu só.


  • D.C.: Quen foi o culpable de meterche o gusanillo do deporte das dúas rodas?

Dani Carracedo:Pois como sempre houbo unha moto de cross na casa que fora de meu pai cando competía e como seguía tendo a moto alí pois digamos que a culpa foi del, xa que a min sempre me gustaron as motos.


  • D.C.: Recordas cando disputaches a túa primeira proba oficial?

Dani Carracedo:Si, a miña primeira proba foi con 13 anos no ano 2003, unha proba de motocross no circuíto de Carballo, na que o fixen moi ben para ser a miña primeira carreira e fixo que me motivara a facer o campionato enteiro o ano seguinte.


  • D.C.: Por que te inclinaches pola modalidade do enduro?

Dani Carracedo:Pois é algo largo de explicar. Eu como non tiña medios para ir adestrar aos circuítos de motocross (coche, remolque...) pois saía ao monte a rodar coa moto, coñecín amigos que xa estaban competindo en probas de enduro e foron eles os que me foron ensinando e adestrando un pouco máis sobre este deporte.


  • D.C.: Cal é o recordo que mellor gardas da túa traxectoria?

Dani Carracedo:Pois a verdade que o ano máis emocionante foi no ano 2007, que con tan só 17 anos, e cos poucos medios que tiña para competir, conseguín quedar campión galego junior e campión de España junior.


  • D.C.: Que recordas da túa participación no Mundial de Enduro?

Dani Carracedo:Pois a verdade, moitas cousas, sobre todo o moito que aprendín e consellos que escoitaba dos grandes pilotos cos que me relacionaba, aparte de poder competir ao máximo nivel que pode haber, competir en varios países, etc. Unha gran oportunidade que tiven e que nunca esquecerei.


  • D.C.: Que título foi o máis especial do teu palmarés?

Dani Carracedo:Pois como anteriormente dixen o ano 2007, no que quedei campión junior tanto galego como nacional. Sen esquecer tampouco o ano 2009, no que por primeira vez que competía nun campionato mundial de enduro, remataba 4º na categoría junior sub21- 125cc.


  • D.C.: A que modalidade te vas adicar de pleno este ano?¿Enduro, motocross ou supercross?

Dani Carracedo:Pois agora intento alternar un pouco esas 3 modalidades, calquera delas gústame moito.


  • D.C.: Este ano no enduro comezaches bastante ben xa que na primeira proba de Silleda, celebrada o 26 de Febreiro, onde acadaches un 3º posto e 4º en Rois o día 11 de Marzo, onde se che presentaron algúns problemas. ¿Que obxectivos tes para esta tempada?

Dani Carracedo:Pois a verdade é que dende o ano pasado xa non me marco ningún obxectivo, agora vexo isto máis como un hobby e non me dedico tan en serio como anos anteriores nos que dispoñía de máis tempo para adestrar coa moto, agora estou máis centrado no traballo e as motos só o fin de semana.


  • D.C.: Queres agradecerlle a alguén a colaboración que che prestan?

Dani Carracedo:Pois agradecerlle a motos Arjones toda a colaboración que me levan dando durante varios anos e a toda a xente que me apoia para que o faga o mellor posible.


  • D.C.: Moitas grazas e moita sorte para conseguir outro titulo ao teu palmarés.

- Entrevista de David Castro ([email protected]).

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios