Xoves. 28.03.2024
El tiempo
Alberto Pose
09:53
03/04/13

Entrevista de David Castro con Miki Pose, un cabanés en Dumbría

Entrevista de David Castro con Miki Pose, un cabanés en Dumbría
Miki Pose co Dumbría en Fisterra- Foto Jorge Parri Miki Pose Rodríguez, nacido o 22 de xaneiro de 1994, xoga actualmente nos xuvenís do Dumbría CF. Este cabanés conta cun palmarés espectacular e envidiable: 1 liga alevín de fútbol sala (05/06), na tempada 08/09 conseguiu a liga da Costa grupo norte, a Copa da Costa e o ascenso á liga galega, todo en categoría xuvenil, un ascenso a 2ª rexional na pasado curso e unha liga xuvenil da Costa grupo sur na presente tempada.
  • Boas Miki, recordas como comezaches nesto do fútbol?
Boas David, dende pequeno sempre me gustou o fútbol e dende que puiden empecei a practicalo.
  • Como te definirías no terreo de xogo?
Como un xogador técnico con unha boa visión de xogo.
  • Cal é a túa mellor virtude no terreo de xogo? E a túa peor faceta?
Como dixen, a virtude pode ser a boa visión de xogo e tamén o regate, e como defectos o físico e o salto de cabeza.
  • De todos os compañeiros cos que xogaches, con cal disfrutaches máis no campo? Por que?
Buff...difícil elección, sinceramente non sabería decirche un en concreto xa que o pasei ben xogando o lado de grandes xogadores como Nando co cal me entendía moi ben, Sandro, Eloy ou este ano Lucas e Israel.
  • Como recordas a tempada 08/09, na que sendo cadete de 1º ano conseguiches liga, copa e o ascenso á liga galega cos xuvenís?
Quizás a miña mellor tempada como xogador, xa que ese ano en cadetes fixen unha boa tempada a nivel persoal, o que me levou a xogar tamén nun equipo xuvenil con grandes xogadores e disfrutar gañando títulos con eles pero sobretodo o deseado e complicado ascenso á liga galega. Penso que xogando con eles aprendín moito, e gracias a iso, ese ano tamén debutei co equipo senior e máis tarde levoume a fichar polo Bergantiños e xogar en División de Honor cadete. Polo tanto, un ano inolvidable.
  • Como describirías o ano en División de Honor de cadetes en Carballo formando parte do Bergantiños?
Pois a pesar de non facer unha boa tempada a nivel colectivo, foi un bo ano xa que xogar na máxima division da categoría cadete sempre é bonito e ademáis enfrontarte a rivais como o Celta, o Depor, ou o Pontevedra sempre gusta. Xogando nesa categoría está claro que sempre creces como xogador ao estar xogando cos mellores xogadores de toda Galicia.
  • Que tal é o trato que estás recibindo en Dumbría esta tempada?
Pois a verdade é que o trato é espectacular desde o primeiro día. A relación é moi boa tanto cos compañeiros coma co entrenador e estou moi contento de formar parte deste equipo. Conexión Cabanesa en Dumbría
  • O teu primeiro ano no equipo do Conco está a ser agridulce. Campión de liga pero eliminados da fase de ascenso, que sensacións tes logo deste tramo da tempada?
Si, fixemos unha boa liga e gañámola pero despois na liguilla creo que tivemos mala sorte con expulsións, coa lesión do noso porteiro, David, e o mellor tamén notamos o cansancio dalgúns xogadores xa que tamén xogamos co Dumbría “B” e iso nunha liguilla tan corta nótase e non puidemos ir á fase de ascenso.
  • Que che parece o novo modelo de competición tanto o da liga como o da copa? Cres que é xusto ou inxusto?
O modelo de liga creo que está mal xa que xuntando as dúas ligas sería unha competición moito mais bonita e competitiva e non faría falta xogar nunha liguilla para ir a fase de ascenso como se fai agora. Con respecto, o modelo de copa mentres que non xunten as ligas paréceme correcto xa que todos podemos xogar a copa independentemente de quedar entre os 3-4 primeiros, non como o ano pasado. E o de xogar a final a partido único pareceme unha boa idea xa que penso que é máis bonito. Pero a federación debería xuntar as ligas e xogar unha copa sen fase de grupos como se fai cos seniors.
  • Que obxectivo lle marcas ao equipo de cara á Copa da Costa? O primeiro obstáculo é o Ponteceso, que esperas desta eliminatoria?
A ilusión que temos no equipo é a de gañar a copa. Sabemos que vai ser difícil, pero con esforzo e dandoo todo en cada partido intentaremos conseguila. Penso que vai ser unha eliminatoria moi igualada xa que o Ponteceso é un gran equipo, con grandes xogadores e que xogan moi ben como xa demostrou gañando a liga norte, pero se defendemos ben e aproveitamos as nosas ocasións pasaremos.
  • Como ves o Cabana e o Xallas de Santa Comba para afrontar a fase de ascenso?
fase de ascenso tes que ter sorte no sorteo xa que sempre hai grandes equipos. Desexarlle a ambos moita sorte que sempre gusta ter a algún equipo costeiro na liga galega.
  • Onde te ves xogando a vindeira tempada? Tes algunha oferta para o próximo ano?
De momento non penso no próximo ano. Aínda queda un tramo de tempada por diante e agora solo penso na copa xuvenil. Cando acabe a tempada xa terei tempo para pensar de cara a vindeira tempada.
  • Moitas gracias crack e moita sorte nesa Copa da Costa.
Gracias a ti, David, por facerme a entrevista e a todo o equipo de QPC pola súa grandisima labor co fútbol da costa.

Outras entrevistas

Outras entrevistas de David Castro

Fonte

Comentarios