Xoves. 28.03.2024
El tiempo
Alberto Pose
09:47
18/01/13

Filiais na Costa?

Filiais na Costa?
Fisterra B-Baiñas- O amarelo Sancho co capitán fisterrán Rivas - Foto- Jorge Parri 2

O fútbol da Costa sempre destacou pola creación de equipos. Cada tempada é habitual que na 3ª Autonómica saia un equipo de nova creación. Por exemplo este ano houbo moitas novidades e espero que estes equipos teñan continuidade na competición. O que si é extrano é que un equipo deixe a competición mediada a liga, e moito máis se é un filial.
Estou a falar do Fisterra B, e estou seguro que á directiva lle costou tomar a decisión. Non cabe dúbida de que está a traballar moito e ben, e dar de baixa ó filial seguro que foi un pau, pero a decisión está tomada e seguro que era o mellor para a entidade. Dende aquí só podo animar a esa fantástica directiva a que non se desanime por ter que tomar esta desagradable determinación. Ánimo!

O que me gustaría resaltar é o pouco éxito que teñen os filiais na competición. Penso que hai moitos factores que inflúen pero se cadra a amplia variedade que equipos que hai na comarca sea un deles, e así os xogadores teñen diferentes opcions deportivas onde elixir.

É unha pena porque ante a falta de equipos da base en categorías superiores, o bo funcionamento dun filial sería unha boa formación para os xogadores máis novos. Un exemplo a destacar sería o do Dumbría. É certo que o seu filial está pasando apuros na 2ª Autonómica, pero os equipos de base están en ligas galegas, o filial do Dumbría foi o único capaz de sobrevivir, igual temos que collelo como exemplo.

Eu non estou en contra dos filiais, sei de xente que si, pero igual non só debemos valorar os filiais polo seu factor deportivo senón tamén pola labor social que poden chegar a facer, que se cadra é máis importamte que a deportiva. Gustariame ver filiais costeiros en categorías máis altas, por exemplo en 1ª, coma o caso do Bertamiráns. Pero tamén querría ver equipos costeiros en 3ª División, penso que o fútbol costeiro ten capacidade e potencial para facelo. Oxalá non tarde en velos.

Artigos relacionados

Outros artigos de Alberto Pose.

Fonte

Comentarios