Martes. 23.04.2024
El tiempo
Alberto Pose
11:55
14/05/13

Por motivos xeográficos

Por motivos xeográficos

Por motivos xeográficos. Esa foi a razón que esgrimiu a Federacióm para dividir o grupo de 1ª Autonómica en dous e mandar os equipos costeiros cos da zona de Santiago e Barbanza. Vaia por diante que non teño nada en contra destas zonas de Galicia pero, parece unha excusa moi barata por parte da Federación.

Agora que remataron as competicións nesta categoría daste conta que igual son outros os motivos. Parte da base de que só nesta categoría se fixan no tema xeográfico, pois para outras categorías ou equipos parece que hai un plan competicional á carta. Equipos que un ano están nun grupo e á seguite tempada noutro diferente, equipos do mismo pobo que as categorías inferiores xogan nunha zona diferente a equipos sánior que xogan noutra zona xeografica ben distinta... e moitos máis exemplos que podería nomear.

Pero penso que hai outros máis chamativos que agora, cando rematou a Liga, un dase de conta. É ben sabido que a Asociación de fútbol Coruñés ten un peso moi importante na Federación e foi esta a que con máis fincapé reclamou a división de dito grupo. E agora finaliza a liga e ves como os descendidos son 2 equipos da zona de Ferrol e 1 da Coruña cidade. Iso di moita da competitividade da liga pois o vixente campión, o San Tirso, o ano pasado estaba loitando por non descender.

Despois quedan catro equipos da cidade da Coruña, como son o Victoria, Imperator, Sporting Coruñés e Sporting Ciudad, aos que hai que sumar o Orillamar, que ascende este ano. Da zona de Ferrol quedan 4 equipos en clara desvantaxe, pois o resto de equipos son da zona coruñesa, como Paiosaco, Boimorto Vizoño.... equipos no radio coruñés. O que queda moi claro é que quen sale beneficiado son ditos equipos coruñeses, cuns desplazamentos de chiste, mentres que os de Ferrolterra teñen que seguir viaxando domingo si, domingo tamén, á zona da Coruña.

E tamén temos que valorar que deportivamente a zona coruñesa é máis competitiva que a de Ferrol e o máis seguro é que dentro duns anos vexamos unha liga con maioria de equipos coruñeses.

Con esto non quero criticar a dita Asociación, teñen a forza para conseguir este beneficio e asó favorecer aos seus equipos tanto deportivamente coma economicamente, pois con 5 equipos da cidade, ou ata seis se ascende na promoción o San Cristobal, os desprazamentos son de coste cero. Mentras tanto os equipos costeiros pelexan cos da zona de Santiago e do Barbanza, deportivamente máis competitivos e con viaxes de escándalo a Noia, Ribeira, Bertamiráns... Por certo, cantos quilómetros hai dende Meiras a Paiosaco, ou de Boimorto a Perlio? Dá igual, nós calados e pensando noutras cousas.


Outros artigos de Alberto Pose.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios