Sábado. 20.04.2024
El tiempo
Alberto Pose
09:35
07/06/13

Previa da volta da final da fase de ascenso á Liga da Costa entre a SD Camelle e a UD Cerqueda

Previa da volta da final da fase de ascenso á Liga da Costa entre a SD Camelle e a UD Cerqueda
Previa do Camelle Cerqueda

Dous pobos, dúas afeccións e dous equipos en busca dun mesmo obxectivo: o ansiado ascenso á Liga da Costa. Mañá, sábado 8 de xuño ás 18.00h, celébrase no Municipal do Rodeiro (Camelle), un dos partidos máis importantes do fútbol costeiro.

Augúrase que será un encontro con moita tensión debido á importancia do choque e tamén que está en xogo o ascenso á 2ª Autonómica.
A SD Camelle e a UD Cerqueda, 3º e 5º clasificado da liga regular, respectivamente, enfróntanse na volta da final da fase de ascenso á liga da Costa, nunha eliminatoria na que os cerquedáns parten coa lixeira vantaxe do 1 a 0 na ida.

No campo de Xaviña, o encontro tivo un claro dominador, o Camelle dominou a un Cerqueda que esperou atrás e aproveitou unha xogada a balón parado para gañar o partido e adiantarse na eliminatoria. Esto pode ser un presaxio do que nos deparará o encontro que veremos este sábado no Rodeiro, lugar que será unha olla a presión para os visitantes, xa que os camelláns contarán con cerca de 400 afeccionados nas gradas, mentras que os incondicionais do Cerqueda serán menos numerosos, pero faranse notar no campo camellán.

Esperemos que o sábado no Rodeiro se viva un gran espectáculo, un bonito partido de fútbol donde disfrute todo o mundo: xogadores, corpos técnicos, directivas e sobre todo os afeccionados; e que sexa un encontro do máis limpo posible. Moita sorte aos dous conxuntos e que gañe o mellor!!

Os protagonistas

Manu Guillamet nunha foto do FB do Cerqueda

Manu Guillamet, xogador da UD Cerqueda: Sobre o partido: “El partido va a ser muy reñido desde el minuto hasta el pitido final. Creo que va a haber muchos goles.”
Sobre o Camelle: “Espero un Camelle que salga a por el partido desde el principio ayudado por su afición ya que sabemos que aquello va a ser como un infierno. Van a salir a por todas, van a estar encima de nosotros como ya pasó en Xaviña.
Además tienen la baza de jugar en su campo y la de su afición.
Ellos son los favoritos por la temporada que hicieron pero en 90 minutos puede pasar de todo donde ganara el mejor y claro está el que tenga la suerte de cara.”

Sobre o Cerqueda: “Nuestro equipo no tiene nada que ver con el equipo que perdió en el Rodeiro en la primera vuelta de la liga por 2-0, ya que ahora estamos más formados como equipo. El Cerqueda saldrá a por todas y pensamos que el fútbol nos debe el ascenso.
Nuestra afición será poca pero se hará notar y nosotros le debemos el ascenso.
Desta vai! Pódese carallo!”


Pupus adestrador do Camelle

Ángel Carballo, “Pupus”, adestrador do SD Camelle: Sobre o partido: “O partido creo que vai ser como a ida, eles ben situados detrás e nos levando a batuta do partido. O Cerqueda intentará atacarnos con algún contragolpe ou en xogadas a balón parado.”
Sobre as afeccións: “A afección deles non se vai notar, xa que contaremos cuns 400 afeccionados”

Sobre o que hai en xogo: “Nós non temos nada que perder, acabamos de comezar un proxecto e no segundo ano conseguimos acadar a terceira plaza da clasificación con 10 puntos de vantaxe sobre o 4º clasificado. Para nós xa é unha boa tempada, si ascendemos mellor que mellor pero si perdemos non pasaría nada, en cambio o Cerqueda xa quedou fóra o ano pasado e quedar de novo esta tempada creo que sería un gran pau psicolóxico para o equipo. Así que gañe o mellor!!


Máis información

Máis artigos de David Castro

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios