Xoves. 25.04.2024
El tiempo
David Castro
14:37
15/10/14

Unha visita á Escola de Porteiros Nordés con David Castro

Unha visita á Escola de Porteiros Nordés con David Castro

A pasada tempada 2013/2014 botou a andar a Escola de Porteiros Nordés, da man de Agustín de Carlos Elduayen e Óscar Rama “Trucho”, ámbolos dous con titulación das Federacións Galega e Española de Fútbol. Este proxecto nace coa idea de formar unha posición demasiado específica no mundo do fútbol a base da tecnificación do adestramento do porteiro e está tendo unha gran acollida nos porteiros do deporte rei da Costa da Morte.

O propósito dos dous condutores desta escola é traballar con grupos reducidos da misma madurez deportiva para poder ocuparse de aqueles aspectos máis adecuados según os seus diferentes niveis.

Na actualidade, a Escola conta con dúas sedes, os luns os adestramentos celebranse no campo municipal de As Eiroas (Carballo) mentres que os xoves son no Platas Reinoso de Baio. As prazas son limitadas para poder ofrecer máis tempo e dedicación a cada alumno.

Elduayen e Trucho da Escuela de Porteros Nordes-Foto-David Castro

Hoxe, falamos cos dous coordinadores e adestradores desta escola, Óscar Rama Castiñeiras “Trucho” e Agustín De Carlos Elduayen.

  • David Castro: Boas Agustín, como xurdiu a idea de levar a cabo esta escola de porteiros Nordés?
    - Elduayen: Era una idea que tenía en la cabeza hace tiempo y se pudo concretar hace tres años.
  • D.C.: Que se sinte ao traballar ao lado dun home que chegou a xogar en Primeira División como é Agustín?
    - Trucho: Pois como todo o mundo pode supoñer, síntome moi afortunado.
  • D.C.: Cal é o obxectivo desta escola?
    - Elduayen: Ser capaces de dar unos conocimientos adecuados a una posición importante y a la vez tan olvidada en el fútbol.
  • D.C.: Hoxe por hoxe, contades con dúas sedes que son Carballo e Baio, Tedes en mente a posibilidade de aumentar o número de sedes en vindeiras tempadas?
    - Trucho: Pois en realidade surxiron ofertas este verán de distintas sedes que estaban interesados en que a escola neses lugares pero agora mesmo non contamos con dispoñibilidade de tempo para facelo posible.
  • D.C.: O número de rapaces participantes é espectacular, a que cres que se debe esta demanda?
    - Elduayen: La gente que es portero entiende lo importante que es una buena formación y atención al entrenamiento específico que nosotros realizamos.
  • D.C.: Como adestradores, cal é a maior recompensa deste traballo que realizades?
    - Trucho: Para min ver ca ilusión que a xente ven a escola, a melloría que aprecias e o esforzo que fan os nenos e non tan nenos por aprender e mellorar. .
  • D.C.: Todos os xogadores se fixan no seu ídolo. Vós como adestradores tedes a alguén como referencia.
    - Trucho: Eu, como xogador, nunca tiven ningún ídolo. Como adestrador a miña referencia é o meu compañeiro, Agustín. Para min, o mellor entrenador de porteiros a nivel nacional que eu coñezo. Como lle digo a todos os alumnos, aproveitádevos de Agus mentres non se canse de nós e nos deixe por imposibles.
    - Elduayen: Nosotros intentamos ser nosotros mismos, con un metodología basada en el juego diario que se traslada al entrenamiento en jugadas reales de partido, incluyendo también preparación física en los contenidos a trabajar. .
  • D.C.: Moitas gracias por todo e a seguir con este gran éxito.
Escola de Porteiros Nordes cos peques-Foto-David Castro Escola de Porteiros Nordes-Paradon-Foto-David Castro

Máis información

Comentarios