Venres. 29.03.2024
El tiempo

A praciña da memoria

A praciña da memoria
Homenaxe ao alcalde republicano de Cee Casto Caamano na Pracina do Olvido Homenaxe ao alcalde republicano de Cee Casto Caamano na Praciña do Olvido

"Somos nuestra memoria, somos ese quimérico museo de formas inconstantes, ese montón de espejos rotos"

- Jorge Luis Borges -

Este sábado 18 na praciña do olvido fíxose unha homenaxe á memoria. Á memoria dos esquecidos. Dos que sufriron dando até a vida pola liberdade. Aos que sufriron a perda irreparábel dos seus seres queridos. Aos que sufriron a cacería humana nos tempos da ditadura visíbel... Foi alí, na praciña do Olvido. En Cee. Unha praciña que pouco a pouco estase a converter na praciña da memoria... Alí, xentes boas e xenerosas tomaron a palabra... E para que serve a palabra se non é para situar, describir, dar luz á escuridade que nos queren impoñer os que aínda levan o odio e o rancor incrustados nos ollos... O acto organizado por compañeiras e compañeiros do BNG de Cee polo Día Da Galiza Mártir estase a consolidar como un día onde a liberdade, o amor polo propio e a sinceridade é bandeira... Mentres falaban os poetas, os escritores, os políticos, os investigadores valentes que sacan á luz nosa historia, unha pomba pousábase, as gaivotas chiaban e unha casa abría de par en par as xanelas como respirando ar fresco como aliviada de tanto odio sufrido... O sábado 18 non só se fixo unha homenaxe. Fíxose xustiza. Fíxose liberdade. Fíxose palabra. Xuntos para lembrar que sermos povo... Eu marchei esa noite orgulloso e fachendoso de todas e todos os que alí estiveron... Orgulloso da palabra... De volta á casa, lembrei aqueles versos de Uxío Novoneyra "A forza do noso amor non pode ser inútil" E soñei cun mundo mellor...  
  • Alexandre López Romero (Un pai normal e corrente, e as veces ocorrente).

Artigos de Alex López Romero

Fonte

Comentarios