Venres. 29.03.2024
El tiempo

"Bares, que lugares"

Alex Lopez na taberna
Alex Lopez na taberna
"Bares, que lugares"

As tabernas son refuxios. Lugares onde brindamos e celebramos nosas vitorias. Lugares onde imos a buscar o  consolo das nosas derrotas...

Taberneiros e taberneiras que saben das nosas cuitas, das nosas esperanzas, das nosas efémeras vidas...

Alí somos protagonistas da nosa historia. Coñecemos os amores das nosas vidas. Ás amigas e amigos cos que festexamos nosa existencia. Despedímonos dos sabores amargos das rupturas...

As tabernas son cultura, patrocinan festas, organizan eventos, axudan ao povo autoorganizado...

Son povo...

Son testemuñas das cancións que forman parte das nosas B.S.O... 

Nas tabernas escrebemos a nosa novela, a nosa autobiografía...

Nas tabernas rimos, choramos, collemos o pulso da política, conspiramos, facemos revolución, enterámonos das ausencias, dos melodramas, dos éxitos...

Nas tabernas confesámonos, Namorámonos, Odiámonos...

As tabernas son emocións...

Nas tabernas sentámonos a calor da lareira. Escoitamos relatos do descoñecido. Do futuro cómplice. Berramos. Bicámonos. Bailamos. Cantamos. Reconciliámonos...

Caemos no outono. Superamos o inverno. Florecemos na primavera, Remangámonos no verán...

As tabernas sempre estiveron aí, silenciosas, amábeis, acolledoras, discretas...

Humanizándonos na rutina. Socializándonos. Abrazándonos...

As tabernas son comunas, cedendo o espazo de liberdade deste mundo-trampa que nos atrapa coas súas telarañas de ditaduras invisíbeis...

"Bares, qué lugares
Tan gratos para conversar
No hay como el calor del amor en un bar."*

Esta é a miña homenaxe...


*Gabinete Galigari

  • Alexandre López Romero (Un pai normal e corrente, e as veces ocorrente).

ARTIGOS DE ALEX LÓPEZ ROMERO

Fonte