Venres. 19.04.2024
El tiempo

Daaasmeee uuun peeesooo

Daaasmeee uuun peeesooo
Alex Loez ou Alextóteles Alex López ou Alextóteles Corría a segunda época da miña infancia. Era tempo de Entruido. Pasábamos gran parte destas datas na aldea. Daquela nas aldeas aínda habían crianzas coas que brincar entres os que alí vivian e os que alí volvían cos pais espallados polo terra pola fin de semana. Era tempo de Entruido. Subíamos aos sobrados a revolver nos baúles na procura de farrapos coas que tapar a cara e os corpos aínda limpos de acnés, mala vida, e de pelos... Na memoria o sabor sinxelo de disfrazarse con calquer cousa. Aquel ir e vir de casa en casa petando nas portas, e aquela ladaíña con voz rouca que saía das nosas bocas de xeito sincronizado ao abrir os donos: Daaasmeee uuun peeesooo! Moitas son as veces que me din. O entruido nesta zona está moribunda. Non se fai nada. É unha mágoa. A xente só vai a fume de carozo aos chineses e as Cadeas 100 a mercar algo e disfrazarse o sábado á noite. Un baile de disfraces que pouco ou nada ten que ver co Entruido. Os concellos apostan por dar unha partida de diñeiro para premios de comparsas que pouco ou nada teñen que ver co Entruido tradicional. Apenas hai ideas. Apenas hai movemento para facer desta festa nosa, máis nosa. Quizais xa nada sexa como antes. Quizais todo se converta en alleo, en materia de consumo. Quizais esteamos colonizados sen remedio. Quizais sexa verdade e o Entruido estea mudando a un carnaval, un mero baile de disfraces.     Quizais sexa hora que alguén comece a berrar: Entruido ≠ Carnaval Daaasmeee uuun peeesooo! Bon Entruido a tod@s
  • Alexandre López Romero (Un pai normal e corrente, e as veces ocorrente).
   

Artigos de Alex López Romero

  Fonte

Comentarios