Venres. 19.04.2024
El tiempo

Hachikí!

Hachikí! Esa expresión que decían meus avós aos gatos que quere dicer "sal de aquí se non queres levar coa vasoira”. Xá sei que pretendedes. Que falen de vós. Que vos dean comba nos xornais lacaios e famentos de parvadas de este estilo. Ás veces penso que non merecedes nin unhas liñas. Mais se algo aprendín nestes anos é que un non debe ficar nin calado nin neutral. O voso non é un autobús. É un Odiobús. Unha incitación ao odio ás persoas. Simplemente persoas sexa cal sexa a súa orientación sexual... Sei do voso odio. Sei que detrás vosa hai poder e diñeiro sentado en butacas de ouro. Non me enganades coa vosa mensaxe disfrazada dunha liberdade que só disfrutarían os que vós tachades de normais. É se a liberdade é nesgada e negada a unha parte da humanidade non é liberdade nin farrapos de gaitas... Largádevos de aquí! Retirádevos as vosas cavernas sectarias escuras e grises! Hachikí!  
  • Alexandre López Romero (Un pai normal e corrente, e as veces ocorrente).
 

Novas relacionadas

Artigos de Alex López Romero

 

Comentarios