Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Xente Pequena (II)

Xente Pequena (II)
Muller maniquien folga O sábado 10 de Marzo. Día da Clase Obreira Galega. Nunha currunchiño de Cee acudín a un acto de poesía dentro dunha serie de eventos polo 8 de Marzo. Día da Muller Traballadora. Este acto, que para moitos será un acto máis dentro dos milleiros de pequenos actos que se fan ao longo do ano, non foi, na miña opinión un acto calquer. Foi un acto de xente pequena. Desa gran xente pequena que fai cousas en lugares pequenos e que son quen de facer mudar o mundo. Suso Bahamonde no Rock Corner Bar O poeta Suso Bahamonde recitando no seu Rock Corner Bar Alí no local de Suso. No Rock Corner Bar mulleres e homes limos poesía en micro aberto. Fixemos parte da revolución pendente. Textos de mulleres poetas. Textos aínda sen descubrir que emerxeron a corazón aberto. Algunha xamais lera nada en público. Textos que saian da rabia, da loita... Sei ben o que é recitar por vez primeira en público. Esa sensación de medo. As mans súan. O corazón latexa como cabalos desbocados. O medo, sempre temos medo ao medo... Espirse ante persoas que están cos ollos ben abertos mirando para ti sempre impón, cando menos, respecto. Sensación que aínda agora sinto cada vez que teño que facer algo así... Mais non falemos de min. Eu quero falar delas, das que recitaron. Mulleres bravas. Mulleres valentes que sen quizais decatarse fixeron algo extraordinario. Por voz ás que non teñen voz. Por rostro ás que non teñen rostro. Deron voz e rostro coa palabra, lendo, recitando. Eran as voces das mulleres silenciadas. Mentres as escoitaba sentía a dor acumulada. A rabia de séculos de loita. A historia de sombras. Elas fixeron algo grande. Moi grande... E diredes, que esaxerado, que tanta importancia ten un acto máis nesta esquina do mundo esquecida. Que importancia cósmica queres outorgar... Lin unha vez que as estrelas que vemos brillar son estrelas que morren e é, anos luz de distancia despois, cando as vemos cintilar no ceo. Elas recolleron esa luz de pasado das loitadoras que xa non están e nolas fixeron ver brillar... Cadaquén ten seu propio universo que reivindicar. Ningunha galaxia sobra. Ningún planeta é alleo a forza da gravidade... Nós somos o noso propio centro do Cosmos... Fóra Félix facía falcatruadas coa chuvia e co vento. Dentro, nesa esquina pequena da nosa galaxia, na vila veciña, construíase liberdade forxábase igualdade... E iso nunca é cousa pequena.
  • lexandre López Romero (Un pai normal e corrente, e as veces ocorrente).
 

Artigos de Alex López Romero

  Fonte

Comentarios