Xoves. 25.04.2024
El tiempo
09:53
10/08/12

25 anos despois

25 anos despois

A confirmación en rolda de prensa do que xa era coñecido (e anunciado aquí hai semanas), a fin da Mostra de Teatro de Cee na que vai ser a sua vixésimo quinta edición faime especialmente difícil escribir hoxe esta columna.

Para min ese evento é algo especial. Persoalmente. Durante anos significou a miña conexión cun mundo que me gusta pero o que nunca accedón máis aló deses días de agosto. Un evento do que saquei ideas, verbas e pensamentos. Unha illa de cultura nun mar de mediocridade.

Acuso a tódolos gobernos municipais de Cee, dende 1996 ata a actualidade de ser incapaces de rematar unha Casa da Cultura cun salón de actos que fixera innecesaria a intervención publica para facer viable este evento. As autoridades provinciais e autonómicas pola súa nula sensibilidade (salvo un curto periodo no goberno bipartito) para cun evento que naceu da pura insistencia de persoas tan necesarias como inhabituais (Artur Trillo, Toño Casais ou Miro Villar nos comezos, por citar tres e sen determe a pensar demasiado).

Mirade, vou ser claro. Somos imbéciles.

Durante décadas pregamos por poder ofrecer aos nosos fillos oportunidades e actividades que os desenvolverán o nivel da cidade ou de aqueles lugares máis “avanzados” ignorando que o tiñamos diante da cara. Teatro, escolas e representacions ao máis alto nivel, unha escola de música con Mestres de conservatorio, formación deportiva ao nivel da elite nalgóns deportes… todo o esnaquizamos. Somos incapaces de valorar nada e de conservar nada.

Que a Mostra celebre a súa ultima edición e que os seus organizadores, os país da criatura, prefiran afogala eles a ver coma morre de inanición demostra varias cousas:
Primeira, canto hai que querer algo para estar disposto a pechalo antes de velo morrer as mans dos mesmos que o foron acoitelando ano tras ano.
Segundo, que pobres son as promesas dalgúns que ían dar “todo o necesario” para manter o evento pero que non estaban dispostos nin a ceder actuacións das provistas por outras administracións porque senón “quedamos sen nada para o resto do ano” (sabendo coma saben que en decembro o que sexa non o vera ninguén).
E terceiro e último. Que pouco nos importa nada. Despois de semellante anuncio, en calquera lugar civilizado, grupos de afeccionados ao teatro acodirían a amosar o seu malestar a onde fora perceptivo. Aquí o malestar o amosa o persoal si mañá anuncias Paris de Noia e na vez diso aparece outro calquera. Aí si, mi madriña!!

Así que si, unha vez máis témolo que merecemos. Eu, co seu permiso, desfrutarei un ano áais, 25 despois, da charla, da colaboración altruista e da compaña con persoas ás que adoro nunha profesión que envexo. Teatreiros.

Ata pronto.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Verdades

As Verdades como puños de José Luís Louzán

Comentarios