Venres. 29.03.2024
El tiempo
10:12
18/10/11

A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos (VII) - A nobreza: a hexemonía dos Moscoso

A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos (VII) - A nobreza: a hexemonía dos Moscoso

No séc. XV a familia dos Moscoso, que tamén se consideraban descendentes dos Traba, herdará dos Mariño moitas das súas posesións do Occidente galego, especialmente pola Costa da Morte. No século XIV entroncan con burgueses composteláns -os Do Campo- e ascenden socialmente ó abeiro dos cargos eclesiásticos: un bispo de Mondoñedo e dous arcebispos de Santiago foran desta estirpe. A principios do séc. XV, Rui Sanches de Moscoso, señor de Altamira, vaise facendo cun bo patrimonio: as terras de Mens, Nemancos e Soneira (Vimianzo, Laxe, Traba, Olveiroa ... ), e as de Barcala, Amaía, Val de Barcia, etc.

Os Moscoso van consegui-Io cargo de Pertegueiros Maiores da Terra de Santiago, o que lles dá moita influencia nos territorios arcebispais, pero tamén vai se-la causa dos seus enfrontamentos cos arcebispos. A estirpe foise facendo co dominio de parroquias das Terras de Soneira, Nemancos e Bergantiños, que serían a base das futuras xurisdiccións de Vimianzo, Corcubión e Mens. A liñaxe dos Moscoso representa o prototipo de liñaxe da Terra de Santiago. Procedente da terra de Montaos, vai cobrando relevancia ó abeiro das dádivas arzobispais. Unha política matrimonial acertada e a abondosa esterilidade dos seus membros favorecerá así mesmo o seu ascenso. A comezos do século XV Rui Sánchez de Moscoso, home muy bravo e muy arriscado ó dicir de Vasco de Aponte, ostentaba a xefatura da liñaxe.

É tradicionalmente aceptado que os Moscoso aparecen na historia do arciprestado de Nemancos a través do dote de dona Xoana de Castro, prima de don Fadrique Enríquez, quen sería muller de don Rodrigo de Moscoso, fillo de don Rui Sánchez de Moscoso. O contrato de casamento tivo lugar en 1425 e nel estipulábase basicamente que don Fadrique entregaría a Rui Sánchez 3.000 floríns do peso e cuño de Aragón.

Ante o incumprimento do pactado, o conde de Trastámara vese abrigado a desprenderse do castelo e terra de Vimianzo, xulgado de Nemancos e castelo e terra de Broño que constituían o aval do pactado no dote.

Indicios que a continuación debullaremos conducen a matiza-la aseveración precedente. Vasco de Aponte sinala que Rui Sánchez de Moscoso gañou mediante compras, mandas, foros e casamento do seu fillo Rodrigo de Moscoso con dona Xoana de Castro varios bens que enumera entre os que se atopaba todo Nemancos e Soneira pero engade que lo mas dello ya lo tenía tomado a Payo Mariño de Lobeira y despues lo seguró por el casamiento ya dicho. Vasco de Aponte apunta na dirección correcta: Rui Sánchez de Moscoso controlaba este territorio antes da estipulación do dote. O matrimonio sancionou unha ocupación dos bens dotais que de feito xa se tiña producido con anterioridade. Rui Sánchez de Moscoso prestou sucesivos preitos homenaxes a Gómez Manrique con anterioridade a 1399, a Diego Sarmiento despois de 1399 e a don Fadrique en 1411 polas casas fortes de Vimianzo e Broño e as súas terras.

Estes sucesivos preitos homenaxes prestados a individuos tan dispares semellan encubrir unha situación de forza por parte do Moscoso. O pretexto foi probablemente o parentesco esgrimido por Rui Sánchez con Roi Soga. Este estivo casado con María Bicos, irmá de Bemaldeáns do Campo e por tanto tía de Rui Sánchez de Moscoso. A política matrimonial dos Moscoso coma a doutros cabaleiros da Terra de Santiago consistente na ocupación de facto de determinados bens baixo diversos pretextos encuberta posteriormente de iure a través do enlace calculado cunha muller doutra liñaxe revelouse certamente fructífera.

Finalmente, non hai que esquecer que algúns fiIlos de Roi Soga, especialmente Lois Soga e Pedro Mariño, estaban a procurar a recuperación dos bens do seu pai por todolos medios. Por exemplo, cara a 1402 conseguen do conde de Trastamara a opción de compra destes pero en 1406 renuncian seguramente ante a imposibilidade de reuni-Ios 250.000 marabedís que Iles pedía o conde, o mesmo que el pagara a don Diego Pérez Sarmiento. O enlace de Lois Soga con Constanza López de Moscoso e o de seu fillo Paio Mariño con dona Xoana de Castro non son alleos a esta aspiración. 

  • Víctor Castiñeira (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).

 


Novas relacionadas

A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos

As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación

Que pasou na Costa na época moderna

A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI

Que pasou na Costa

Elección Histórica da Costa da Morte

Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia

Fonte

Comentarios