Sábado. 20.04.2024
El tiempo
07:05
31/10/12

A educación

Vivimos un tempo onde sempre queda unha reflexión pendente por facer. Non sei si son eu quen debe facela pero vexo, lendo algunhas amables mensaxes de individuos con pouca educación e menos sentidiño, que merece a pena que alguén diga cousas que o mellor moitos non queren escoitar.

Eu son unha persoa. Un tipo, un individuo, un fulano, un paisano, un calquera. Un número nun DNI, unha dirección nunha rua e unha conta nun banco (valeira, como tantas). Son alguén, e cada vez que acerto ou que fallo o fago eu, con tódalas consecuencias. Para uns son un comemerda e para outros un gurú. E, sinceramente, non me importa para cantos son cada unha desas cousas e, cos anos, cada vez me importa menos ter ou non razón. Porque o que eu valo, ou son, ou importo non depende de que a un veciño meu lle pareza “pseudo-xornalista” porque teña ou non a titulación correspondente (cousa que, por certo, ese que hipotéticamente o pensa non sabe). A verdade é que me importa un pemento o que ese, ou outro ou outra calquera pense.

Tamén considero que é importante deixar claro que cando opino sobre o acontecemento “político” ocorrido en Cee neste 2012 eu, ó contrario que outros moitos, non creo que os que consideraron prioritaria a sua ideoloxia por diante do respeto a legalidade ou o sentido común (sempre dende o meu punto de vista) sexan unha banda de radicais nacionalistas, esquizofrénicos políticos, pseudo abertxales perigosos con cornos e rabo. Eu non pensó eso. Para nada.

Eu penso que estaban equivocados e isto é tan valioso e importante como nada. Porque é a miña opinión e o seu valor ou importancia llo dou eu, os que consideran que acerto no meu analise e os que cren que estou no certo cando digo, valoro e opino o que opino nestas liñas ou noutras, dentro do que publico, baixo a miña firma, no QPC ou noutro medio calquera. E nada máis.

Non teño a menor influencia en nada e o que pense o contrario debería pasarse por un médico e facer que llo mirasen. O mellor ten un problema sanitario doutra índole e non o sabe.

Eu si creo que, para quen estea en desacordo co meu criterio, nunha vila de cinco mil habitantes escasos na que todos nos coñecemos (ou deberíamos), é moito máis sinxelo saudarme pola rúa, preguntarme se teño un minuto e argumentarme porque non está de acordo comigo. É o único xeito que teño eu e calquera de saber si acerta ou non nas suas valoracions, de contrastalas e de comparar ideas e criterios.

Insultarme, ofenderme, citarme diante de terceiros sen que eu o saiba ou facelo baixo pseudónimo non é mais que un modo de amosar cobardía. Como facelo vía email proferindo unha serie de graves acusacións sen fundamento ou insultándome gravemente a min ou a miña familia. Iso só serve para que eu chame o meu abogado i este exerza no meu nome as accións legais oportunas en defensa dos meus dereitos. Así que, insisto, non sería máis sinxelo chamarme pola rúa “Louzán, perdoa un segundo”, mirarme os ollos e dicirme “mira, senón andas moi liado, pódesme dicir por que consideras tal ou cual cousa?”

Eu, ó contrario que outros, non insulto. Eu fago uso do meu dereito a liberdade de expresión, esa que moitos denfende dende a esquerda sempre, salvo cando se exerce para identificar os seus erros, os deles, e as suas faltas. Aí a liberdade de expresión dos demais xa gusta menos. Aí xa non todo o mundo ten dereito a analizar ou a opinar sobre as cousas. Dicía Jurguen Habermas que “dentro de cada militante de esquerda hai un fascista”. Eu pensó que isto pasa moi poucas veces, pero pasa.

A min se me parece máis fácil ser educado, non faltar e contrastar, na medida do posible e con quen estea disposto. Pero… que saberei eu de “alta política municipal” comparado con outros!

Si teño clara unha cousa. A pesares de que é o PP e os seus candidatos e defensores quen recibe maiores criticas e mais bastas e directas nestas liñas eles nunca me ameazaron. Os demais, a esquerda ou desde a “independencia” si. Curioso.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Verdades

As Verdades como puños de José Luís Louzán

Fonte

Comentarios