Xoves. 18.04.2024
El tiempo
00:07
14/05/12

A vida dunha impresora: comprar, tirar e volver a comprar

A vida dunha impresora: comprar, tirar e volver a comprar
Arquivo. Gardar como. Arquivo. Imprimir. Pasan uns segundos e na nosa pantalla aparece unha mensaxe. A impresora non funciona. Apagamos. Volvemos a acender. Repetimos a operación unha e outra vez, pero imprimir ese documento que tanto precisamos é imposible. Nin o manual de uso, nin a garantía, nin o vendedor nos avisa, pero a impresora contén un chip que conta o número de copias. Ó chegar a un determinado número só nos queda unha opción: tirala (nun punto limpo, por certo) e volver a comprar outra nova porque sae máis rentable que reparala. O cabo dun tempo, a historia repetirase. Isto é o que se coñece como a obsolescencia programada e se nos paramos un pouco a pensar comprobaremos que no noso día a día son moitos os produtos que quedan obsoletos e se converten en algo inservible e inútil. O móbil, a prancha, a batidora, o aspirador,… O caso das bombillas que duran como máximo 1.000 horas e así que transcorre ese tempo de consumo, puff, temos que renovala. Esta gran cantidade de produtos de “usar e tirar” afecta, por unha parte, o peto do consumidor e, por outra, o planeta debido o consumo de recursos e a creación de residuos altamente tóxicos de forma innecesaria, algo que vai en contra do tratado internacional. A solución vén da man dun consumo responsable. Se queres coñecer os intereses que hai detrás de todo isto, propóñoche que vexas este documental:

Artigos de Lorena Martínez Canosa: A Costa en Verde

Fonte

Comentarios