Venres. 19.04.2024
El tiempo
18:42
06/02/12

Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (III): As dificultades para a posta en práctica do plan de defensa para as vilas de Cee, Corcubión e Fisterra no ano 1808

Antecedentes da Guerra de Independencia na Costa da Morte (III): As dificultades para a posta en práctica do plan de defensa para as vilas de Cee, Corcubión e Fisterra no ano 1808
A reposta dada por parte da Xunta Suprema referente ó plan de defensa exposto polas autoridades de Corcubión non deixara contento a ninguén e así a finais do mes de xuño de 1808 o propio concello corcubionés organiza unha reunión para valorar as últimas ordes e adoptar unha serie de acordos entre os que hai que salientar a invitación a autoridades de Fisterra a Cee, así como ós oficiais de marina e reponsables dos trozos para que “...se uniesen a este ayuntamiento como vocales con voz, voto y responsabilidad... teniendo en consideración que puede ofrecerse algún caso de inbasión u otras imprevistas ocurrencias que motive la causa común que nos tiene alarmados...”. Estiveron presentes pois, o axudante militar de marina do distrito, Manuel Barruti, o caudillo dos trozos da xurisdición e partido, José Duque, o seu axudante, Juán Antonio de Andrade, o asesor de marina, Joaquín Domínguez, os abogados, Antonio de Ulloa e Salvador Figueroa, e o xuíz ordinario da xurisdición de Fisterra, Juán María de Casal, xa que o xuíz ordinario de Cee así como o seu alcalde non tiñan dado a confirmación da súa asistencia: “...que respecto la jurisdición de Cee inmediata a esta villa y de su partido por esta razón debia caminar de acuerdo con este ayuntamiento en los casos que pudiesen ocurrir se uniesen también a el, el juez y alqalde de dicha jurisdición y dos o tres sugetos de las mejores circunstancias y que se pasase oficio a aquellos para que concurriesen con estos a informarse de la citada orden de Vuestra Alteza y acordar lo mas conveniente pero aunque le he pasado dicho oficio no tuve hasta aora contestación...”. Sabemos que esta idea de unión será retomada no ano 1809 cando as tropas francesas xa están en Galicia, tendo nesta ocasión resposta positiva por parte dos tres concellos implicados, máis neste caso será  o propio pobo de Corcubión o que rexeite a participación nas deliberacións de autoridades alleas ó seu concello. Fora por estériles disputas localistas, que por desgraza siguen existindo douscentos anos despois e lastrando o desenvolvemento da Costa da Morte, ou pola pouca previsión das distintas autoridades á hora de enfrontarse a unha realidade complexa para a que non estaban preparados, o certo é que a pretendida unión nun asunto tan trascendental só tivo lugar en contados momentos. Tampouco resultan moi alentadoras as posturas manifestadas polos responsables de marina e trozos, xa que cada un mira polos intereses dos seus grupos máis que pola causa común, aínda que según o alcalde de Corcubión “...todos están abenidos a observar imbiolablemente las ordenes de Vuestra Alteza...”. As ordes da Xunta Suprema de Galicia facían referencia a que a garda dos castelos debía ser feita en exclusiva polos matriculados e artilleiros de mar polo que o axudante de marina “... no consideraba que estos pudiesen sufrir esta fatiga por quedar de consiguiente privados de exercitarse en la pesca de que pende su subsistencia por lo que si havían de sufrirla  le parecia que debían ser socorridos de algún modo...”. O plan defensivo elaborado en Corcubión tiña contemplado primeiramente a custodia dos castelos por xentes da terra a razón de 14 homes por castelo e día que estarían dirixidos polos nobres da zona, máis cando chegan as novas directrices da Xunta o caudillo da xente armada “expuso que le parecía que no debía continuar remitiéndolos respecto V.A. imponía esta carga a los artilleros de mar y que era mui justo la sufriesen atento los terrestres tenían contribuído con su contingente para el exército y se consideraban todos militares expuestos a concurrir al primer llamamiento por lo que conceptuaba que solo en un caso de inbasión del enemigo debía hacerse concurrir a todo género de personas...”. A decisión proposta polas autoridades reunidas en Corcubión intenta contentar a tódalas partes implicadas: “...se acordó que por aora mediante los castillos están guarnecidos aún con artilleros del Real Cuerpo, concurran diariamente a cada uno tres matriculados y que este número se revage de los catorze terrestres que lo hacían y se queden en once hasta que V.A. se dignase resolver en el particular lo que debe practicarse...”. Outros temas tratados na xuntanza fan referencia a temas prácticos que teñen certa importancia na situación actual. Un deles fai referencia á orde da Facenda de que non se gaste nada que non sexa necesario, gardando os fondos que se obteñan  das rendas, no caso de Corcubión son as procedentes da venta de augardente, para as necesidades derivadas da guerra. Outra fai referencia a quen pagará os gastos derivados das comunicacións entre concello e Xunta cando éstas se teñan que facer ó marxe do correo ordinario, ben sexa pola premura de tempo ou por outro calquera accidente, sen quedar nada en claro polo momento. Como se pode comprobar, as máximas autoridades da vila de Corcubión, aínda pretendendo adiantarse ós acontecementos e como centro da xurisdición máis grande da zona e tamén como unha das primeiras localidades de Galicia en sumarse ó movemento en contra da invasión napoleónica, terán que ir templando os ánimos dos diferentes sectores da comarca. Xa sexa por motivos político-xurisdicionais, económicos ou incluso sociais, o certo é que nos primeiros momentos da ocupación francesa da Península Ibérica, o sentir xeral dos habitantes da área fisterrá é de que a cousa non vai con eles. Non sinten o perigo dunha invasión como algo real, considerando que unicamente ésta, no caso de producirse, poida chegar por mar. Aínda así, todo serán queixas cando se trata de contribuír á causa común. Tan só nove meses despois, a realidade sería outra ben distinta. A finais de xaneiro de 1809 os franceses chegaron á nosa zona procedentes de Santiago de Compostela. Neste sentido podemos apuntar o dramatismo da última carta envíada desde Corcubión o 11 de xaneiro de 1809 pedindo información: “...este pueblo se halla en la maior consternación con las vagas noticias que acaban de esparcirse relativas a que nuestro exército se ha replegado sobre Orense y que un grueso cuerpo de tropas francesas se ha internado en este Reyno en extremo de hallarse ya parte de ellas en Lugo...”. A carta ten nunha esquina unha anotación reveladora da preocupación daquelas xornadas: “...sale el conductor a las 6 y media de la mañana del 12 del corriente enero encargado de regresarse a toda diligencia...”. A resposta da Xunta do día 14, desde Santiago de Compostela, será a última antes da súa desaparición e confirma desgrazadamente o que en Corcubión xa se intuía: “...según todas la noticias, los enemigos se hallan legua y media de distancia de esta ciudad, aunque se ignora sú número. El egército del Sr. marqués de la Romana se ha replegado a Orense, y en estas circunstancias tomarán vuestras mercedes todas las medidas y precauciones con arreglo a las reales órdenes comunicadas, no sólo para la defensa de su país sino  para concurrir a la general del Reyno...”. Sen dúbida, a desaparición da Xunta Suprema tan pronto os franceses se aproximan a Santiago e a falta dun referente a quen dirixirise, trastocou os plans iniciais, máximo tendo en conta que co Marqués de la Romana non se podería contar, claro que eso non o sabían os veciños de Corcubión.
  • Víctor Castiñeira (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal).

 


Novas relacionadas

As terras fisterrás no século XVIII

Especial Guerra da Independencia

A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos

As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación

Que pasou na Costa na época moderna

A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI

Que pasou na Costa

Elección Histórica da Costa da Morte

Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia

Fonte

Comentarios