Mércores. 24.04.2024
El tiempo
10:22
30/03/12

Folga

Despois do sucedido este xoves no que España, por unha ampla maioría, amosaba na rúa que non toda está tan apapaostiada como a veciñanza da Costa da Morte o propio sería que o goberno reflexionara. Pero, xa o adianto, non o vai facer. Gustariame falar agora de como un goberno debe actuar cando recibe tal contestación social pero, non podo. A razón é que non teño demasiada fe, cando as cousas estan como estan por aquí, nas protestas fundamentadas, pacíficas e masivas. Non por nada. Non acredito na intelixencia dos dirixentes, nin para gobernar nin para entender a vontade popular, libremente expresada. Exemplos desto que digo os temos a puñados, o máis recente por escandaloso e claro a Guerra do Irak. Un aplastante 90% da poboación, naquela era previa ao descalabro do PP de Aznar nas eleccións do 2004, contestou daquela ao CIS que estaba en contra da participación de España naquela componenda. E tanto me dá como tanto me ten. Cre o dirixente que, por definición, a maioría absoluta lexitima para o poder absoluto. E iso non so é mentira senón que ademais... non é certo. A maioría absoluta, no sistema electoral español non significa nada máis que iso. Que a maioría dos que votaron (o 60 por cento) quere que mandes ti (é dicir, que che elexiu un de cada tres). Iso é unha minoría. Moi minoritaria, ademais. Por engadido, a reforma laboral é directamente infame. Non vai sever para crear emprego (recoñecido isto polo propio goberno), non vai server para impedir que siga subindo a taxa do paro (tamen recoñecido polo goberno) e, ademais, non ten sentido nun país coma o noso. En España os empresarios non deciden a contratación en función de criterios produtivos senón de pura interese particular. Contratase se non afecta a conta de resultados. Aos beneficios, para ser exactos. O resto dá igual. E así, unha reforma que abarata o despido so serve para iso. Para despedir. Hoxe, mañá e o ano que vén. Isto o PP xa o sabe, igual que o sabía o PSOE e por iso non chegou a isto na sua cuasi-reforma de 2010. O paro en España é endémico, namentres non entendamos que traballar non é un dereito, é unha obriga. Unha obriga vital, como respirar, para obriga a fin e o cabo. Para rematar direi que eu sei quen é o meu inimigo. Teño varios, pero un prevalece sobre todos. Chámase “Capital” e dirixe con total impunidade a miña vida e a vosa. Viste traxe e garabata, ten cincuenta e pico anos e manexa fondos sen límite nunha orxía de gasto e luxo desenfrenada. Poñédelle vos o nome que queirades (Botín, González, Ortega) dá igual. Eles mandan e o resto pelexamos polas migallas. En Compostela, tres manifas distintas a horas diferentes. En total, máis de 15.000 persoas pola rúa e todo pechado ata as seis da tarde (bares incluidos). O meu inimigo non é nin a CIG (coa que non coincido) nin CCOO e a UXT (cos que tampouco). O meu inimigo manda na policia, en Facenda e nos orzamentos que me deixan sen Parador, sen autoestrada ou sen tren cando pago os mesmos impostos que calquera. O meu inimigo me envía a cola do paro o próximo luns. Ese e non outro é o meu inimigo. O que non pode explicarme en base a criterios lóxicos e solidarios que engroso a listaxe do paro porque non se poden pagar os meus servicios. O fago para que alguén gañe máis (ou o mesmo) a fin de mes na súa conta de beneficios. Esta é España. A democrática. Protesta a dereita e chama cans aos que onte enchían as rúas de Compostela abandonando os seus postos de traballo. Eu digo que foi mellor así. Porque si saltamos este paso, o seguinte e fenderlle a cabeza a algúin político. Que prefiren?, marcha pacífica ou sangue e lume?. Non falta moito.
  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Novas relacionadas

Verdades

As Verdades como puños de José Luís Louzán

Comentarios