Martes. 16.04.2024
El tiempo
13:36
08/09/11

Monte Pindo

Teño o inmenso pracer de espertar moitas mañás contemplando o Monte Pindo. Desfruto admirando como a cada hora do día ten unha cor diferente, semella un monte mutante. Cambia de cor, pero segundo incida a luz nel, tamén cambia a forma e a textura. Coido que é unha obra da natureza única, unha construción pétrea de tal calibre que non é moi común no noso país. Como non é a miña intención facer unha descrición nen un panexírico do Monte Pindo, vou parar aquí. Só quedo deixar clara a miña condición de entusiasta dese emblema da bisbarra.

Non entendo as razóns para non declarar o Monte Pindo como Parque Natural. Non acabo de comprender por que non se dota da máxima proteción e por que non se fomenta con investimentos esa paraxe. As administracións estanse a especializar en actuar sen sentido común e defraudando ao cidadán de a pé.

Tampouco entendo a actuación dos desalmados de turno atentando contra o patrimonio. As pintadas aparecidas no que foi no seu día o Castelo, o cumio do monte, son unha vergoña. Son tamén un termómetro de cómo está a sociedade. Un colectivo que en pleno século XXI sigue botando as lavadoras ao río, maltratando animais, botando entullos no monte, e facendo todo tipo de tropelías que definen aos cabestros que realizan estas actividades.

Nen quero analizar, nen quero facer un post con xeito. Este vai sen xeito, coma o meu blog, porque só quero deixar claro que me doe constatar o pouco aprezo que lle temos a todo aquelo que convirte o lugar no que vivimos nun sitio tan especial. Monte Pindo, me does. Coma me doen os ríos, as touzas, as carballeiras, as Praia, o mar… Algún día a natureza nos porá no noso sitio e daquela nos preguntaremos por que.

Novas relacionadas

Máis información

Entrevistas con Fran Hermida

Outros artigos Sen xeito

Fonte

Comentarios