Xoves. 18.04.2024
El tiempo
08:00
09/11/11

O cambio horario: ¿economía ou cuestión de gustos?

O cambio horario: ¿economía ou cuestión de gustos?
Pulsar e escoitar durante a lectura

¿Quen entende o cambio horario?

Chegou o momento de pararse durante uns segundos a escoitar ese crepitar do lume que soará nunha boa parte dos fogares galegos durante os vindeiros meses, cando a luz do día é máis breve a as noites máis longas. A situación está motivada en gran parte polo horario de inverno. O goberno defende que o cambio horario implica unha redución do consumo enerxético pero a realidade é que todos nos preguntamos onde está o aforro porque o que se reduce pola mañá gastase pola noite. ¿Como se entende? O cambio horario realizase dúas veces ao ano en máis de oitenta países de todo o mundo. En España faise dende o ano 1974 coincidindo coa crise do petróleo. Tomouse esta medida para aproveitar mellor a luz do sol e consumir menos electricidade. Na actualidade, a Comisión Europea obriga aos 27 países membros da Unión Europea a aplicar esta medida. Segundo indica o Instituto para a Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE), o aforro doméstico en iluminación co cambio horario de marzo ao de outubro pode ser dun 5% anual. Uns seis euros ao ano. Cabe preguntarse entón se compensa facer estes cambios horarios cando adoptando outras medidas, tales como un bo illamento en portas e ventás, reduce entre un 5 e un 10% o consumo de enerxía. É dicir, o dobre que o cambio horario.. A realidade é que os gobernos aplicando medidas obsoletas (do ano 1974) e que implican a toda a sociedade en lugar de revisar os patróns de consumo enerxético actuais e promover novas accións que reduzan de forma efectiva o consumo enerxético. O mesmo lles pasa aos concellos da Costa da Morte onde gastos como o do alumeado público supoñen unha media do 45% do consumo enerxético total. Pese a estas elevadas facturas son moi poucos concellos onde se apagan as luces de lugares intransitados a determinadas horas da noite, onde se cambian as lámpadas de mercurio polas de sodio e de menor consumo,… onde cada vez resulta máis difícil evitar a contaminación lumínica.. E isto sitúanos como o país coa mellor marca europea en consumo enerxético por habitante, con 118-114 kilovatios por hora (kwh) ao ano por cidadán, fronte aos 90-77 de Francia ou os 48-43 en Alemania. Por iso, é hora de deterse e pensar en como deberíamos minimizar o consumo enerxético aínda que sexa co chasquiño da leña como música de fondo e coa luz apagada...

Artigos de Lorena Martínez Canosa: A Costa en Verde

Outras novas medioambientais

Vídeos de natureza

Fonte

Comentarios