Venres. 19.04.2024
El tiempo
10:06
11/05/12

Os que mandan

Os que mandan

Di Millas hoxe en El País que “os que mandan” regulan e dirixen os actos do actual goberno, como fixeron co anterior. Os que mandan son eses os que chamamos “Os mercados” e que dirixen os actos de gobernos e partidos políticos dende hai demasiado tempo. Eles marcan a axenda, ditan as políticas e indican as liñas a seguir, como ben di o maestro Millas, en tódolos aspectos da vida. Non só dirixen no referido a finanzas, que tamén, senón en materia educativa, sanitaria, comercial. Eles mandan e ordenan. E punto.

Hai tempo indicaba que, en realidade, os partidos e os políticos que os dirixen non teñen autonomía máis aló dos bancos que os financian. Nin Rajoy nin antes Zapatero teñen capacidade algunha para manexar nada, pola sumisión económica dos seus partidos o capital que os financia. Así de simple.

Neste contexto hai dúas posibles vías para romper un círculo vicioso que non ten volta atrás, que non se pode revertir. Ou ben deixamos de apoiar aos dous partidos en risco, a saber, PP e PSOE, financiados pola mesma man, algo que demostra o feito de que uns e outros fagan as mesmas políticas, relacions publicas a parte; ou ben abandonar a política e eses partidos.

Con isto non digo que me pareza ben ningún partido diferente porque creo con sinceridade que calquera que acabe amasando as cotas de decisión as que chegaron nestes anos estes dous acabara converténdose na mesma clase de monstruo. Sempre preferirei as listas abertas pero, dado que esa clase de cambio non se vai producir de hoxe para mañá por moito que a precisemos, o sensato sería votarlle a outro. A calquera.

Falo de votar e desas cousas de facer o paripé coma quen que isto é una democracia porque en nada en Galicia haberá eleccions. Vainas haber porque cada semana de anuncios desangra a Feijoo mais aló ainda do que lle indican os seus electores así que antes de 2013 teremos que decidir (coma quen) e a decisión que tomemos, por primeira vez, podería influir no resto do estado. Galicia sería decisiva, detonante mesmo de algo maior, no caso de que o PP recibise un resultado tan pésimo, un trastazo de tal calibre, que provocase unha onda de choque a nivel nacional. O anuncio porque, como tantas cousas, moitas veces me dá pena ver que o que agora se fala en España (democracia inexistente, control da política polo poder financiero e a banca, inexistencia de políticas de esquerda) xa o dicíamos aquí hai un, dous ou tres anos.

E ninguén se enterou de nada. Tempo que teríamos aforrado.

Esta semana, os habituais “portavoces virtuais” de Rajoy (Marhuenda, director de La Razón, por exemplo) comezaron coa estratexia “recordar al pueblo que nos quedan tres años, ya remontaremos. Insisto, aínda que ninguén o crea. Non chegarán a 2013.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Verdades

As Verdades como puños de José Luís Louzán

Comentarios