Xoves. 28.03.2024
El tiempo
10:04
31/05/12

Por que un negocio non pode ter amigos en Facebook?

Por que un negocio non pode ter amigos en Facebook?

Esta é a miña primeira colaboración con QPC e gustaríame comezar por un dos erros que máis frecuentemente cometemos á hora de poñer o noso negocio en Facebook: crear un perfil personal en vez dunha páxina.

Se xestionas en Facebook a identidade dunha empresa, institución ou grupo de música, e tes un número (n) de amigos, seguro que non estás facendo as cousas ben de todo.

Exemplo de páxina da Facebook. Os usuarios fanse seguidores dándolle a Me gusta

As diferencias páxina/perfil

  • A diferencia máis importante entre o perfil e a páxina ten que ver coa privacidade. Os contidos dun perfil son privados, só os poden ver aqueles usuarios que foron autorizados a través dunha petición de amizade. Os contidos dunha páxina son públicos, todos os internautas os poden ver, incluso os que non están rexistrados en Facebook.
  • Os perfís son para personas e as páxinas son para empresas (e outras entidades que non son personais, como grupos de música ou institucións).
  • Os perfís teñen amigos e as empresas “me gusta”. Os propietarios dos perfís poden buscar amigos pola rede e facerlles peticións de amizade. As páxinas de empresa só poden seguir outras páxinas de empresa, nunca perfís de personas. As personas chegan ás páxinas e se lles interesan os contidos danlle a “me gusta”. Os perfís teñen limitado o número de amigos a 5.000 mentras que nas páxinas non hai limitación.
  • As páxinas teñen unha serie de servizos complementarios para mellorar a presencia das empresas na rede social. Publicidade para aumentar o número de seguidores ou espazos publicitarios para difundir os contidos ou as accións que está levando a cabo a marca.
  • O acceso a contidos personais dos seguidores. Unha empresa que empregue un perfil pode ver os contidos de todos os seus amigos. Unha empresa que empregue unha páxina non pode acceder a contidos personais dos seus seguidores que estes non compartan con ela a través do seu taboleiro.

Cuestión de ética e boas prácticas

Hai unha práctica moi frecuente entre os negocios que empregan perfís de persona en vez de páxinas e que é pouco recomendada se se quere ser profesional co emprego das redes sociais: o afán por conseguir cada vez máis amigos. Esto fai que as empresas envíen peticións de amizade a centos ou miles de usuarios, converténdose en auténticos spammers e danando a propia imaxe de marca.

Non menos importante é valorar a intromisión na intimidade dos seguidores que supón ter un perfil en vez dunha páxina.

Suxerencia

Se tes unha aposta seria polo emprego de Facebook, pasa o teu perfil a páxina (si, mantéñense o número de seguidores e non, non vas poder seguir invitando amigos como se non houbera un mañá).

E se non tes un negocio, revisa entre os teus amigos a ver cantos son empresas e axusta os teus controis de privacidade se queres saber quen ve a información que publicas.


Novas relacionadas

Fonte

Comentarios