Xoves. 25.04.2024
El tiempo
10:10
21/09/12

Santiago

Santiago Carrillo

Santiago Carrillo finaba este martes os 97 anos de idade na súa casa de Madrid. Político responsable xunto a outros da pésima transición que agora padecemos, participou en maior ou menor medida na maioría de actos políticos da historia do ultimo século en España. E, coma si dun ultimo acto de protagonismo publico se tratara, a súa norte ven de provocar que, a fin, os auténticos golpistas da dereita fascista (esa a que moitos deron por morta nos 80) sacaran por fin a cabeza do furado.

A diferenza mais salientable, de matiz, entre Santiago Carrillo e Manuel Fraga é unha. Que un gañou e o outro perdeu. Carrillo, un mozo de 22 anos no transcorrer da contenda civil, levou as costas, e leva despois de morto, a matanza de mais de 2000 fascistas encarcerados no ano 36 en Madrid, aproveitando o seu traslado a Valencia fuxindo a república dos golpistas que se achegaban a Madrid.

Elementos da dereita actual, desa que se considera democrática, desoíndo coma de costume os especialistas, historiadores de recoñecido prestixio (Ian Gibson, Paul Preston, por poñer dous exemplos) decidiron outorgar a Santiago Carrillo a decisión ultima desa matanza, insisto, en plena guerra, esquecendo que este estaba baixo as ordes da policía comunista rusa de Stalin, esta si, infinitamente mais sanguinaria e expeditiva que o xa falecido político español.

A diferenza de matiz a que antes me refería, a de que Carrillo perdeu e marchou exiliado durante 40 anos ao estranxeiro, mentres outros coma Fraga (ensalzado non hai tanto) quedaban a dirixir o cotarro e a asinar sentencias de morte é tamén a diferenza de tempos que marca a morte de 2000 fascistas en plena guerra civil e a de mais de 300.000 non fascistas despois dela. Un é un execrable acto de guerra, mesquiño e ruín como tódalas guerras. O outro é unha purga asasina. Digna do peor Pol Pot, do mais vulgar Milosevic. Asasinos do abuso, que aproveitan a derrota do adversario para “facer limpeza”. O Franquismo, a fin e o cabo. O PP, a postre.

O PP, ese partido “democrático” nunca, endexamais na súa historia, nin como AP nin como Partido Popular condenou de xeito claro e manifesto o golpe militar de Francisco Franco nin a posterior matanza de civís (todos o son cando remata unha guerra) con motivo das represalias, paseos e demais ao remate da Guerra Civil, principalmente entre o 1939 e o 1949.

Ningún representante da forza “democrática” da que algún dos seus membros facía uso para vilipendiar o político Comunista, ningún dos seus deputados ou dirixentes expresou nunca, con claridade meridiana, o mais mínimo arrepentimento por pertencer a unha forza herdeira dun réxime fascista e asasino. Pero, ollo, con un par ben grande eses “adaís da democracia” levan anos querendo dar a uns e a outros (a todos en definitiva) leccións de democracia, de xogo limpo e de historia en ocasións, acusando a quen non estaba nin no lugar da matanza de ser o responsable da mesma e esquecendo que nas súas filas colaboran asasinos ou fillos/as de golpistas condenados.

Esta é a base da nosa democracia. Deixando a un lado os claros e escuros dun Santiago carrillo que, ao longo de mais de 60 anos encarnou en si mesmo a doutrina comunista, pasando do Stalinismo mais rancio a o Eurocomunismo italiano e desenvolvendo ao longo do ultimo século unha tarefa política digna do principal estadista, con altura de miras para perdoar e man de ferro para dominar un partido asembleario e obreiro. Un persoeiro deste calibre merececia un esforzo maior que ver a catro chupatintas de medio pelo gobernando un país.

Descanse en paz Santiago Carrillo. Nos non podemos. Vainos a vida en seguir atentos aos golpistas, mais vivos ca nunca. Dispostos ao que sexa… que non? Atentos. Aínda queda moito que ver.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Verdades

As Verdades como puños de José Luís Louzán

Comentarios