Xoves. 25.04.2024
El tiempo
11:51
10/04/12

Tormentas Solares. Son un perigo?

Tormentas Solares. Son un perigo?

Últimamente non paro de fixarme que nas redes sociais e ata mesmo nos bares a xente comeza a falar das chamadas tormentas solares, polo que non vería mal botar algo de luz sobre o que está a acontecer, xa que en moitos sitios a información suministrada pode ser catastrofista (que está moi de moda agora que entramos no 2012) ou directamente errónea. Aparte da xa de por sí pouquísima información que abunda en Internet sobre este fenómeno.

Que é unha Tormenta Solar?

De forma resumida, unha tormenta solar (ou tamén chamada tormenta xeomagnética) é o produto de un choque de plasma dentro das chamadas manchas solares, as cales son rexións do sol con uns intensos campos magnéticos que non permiten fluidez na circulación do propio plasma.

Este choque de plasma libera en primeiro lugar radiación electromagnética en todos os espectros (como pode ser dende frecuencias de radio ata raios Gamma).
E en segundo lugar libera a chamada Eyección de Masa Coronal (EMC), millóns de toneladas de plasma solar cargado electricamente e polarizado.

Estas eyeccións seguen unha escala de intensidade, e clasificanse en orden ascendente como A, B, C, M ou X e unha subescala dentro de cada letra dende 1 a 9 (Un exemplo, a eyección tan nombrada na prensa do pasado luns día 5 de abril foi unha X5.4)

Estas tormentas teñen un ciclo máximo de case 11 anos, e agora estamos xusto chegando a ese máximo, razón pola que se fala tanto de elas debido a intensidade das eyeccións.

Aparte, este máximo ven precedido de unha tempada inusual de calma solar nestes últimos anos, razón pola cal se teme que este máximo solar poda ser dos mais intensos que se recorden.

Visto o que é, podemos falar entón dos efectos negativos que pode chegar a ter este tipo de fenómeno sobre nós.

En que nos pode afectar?

A primeira etapa da eyección, a da radiación electromagnética, viaxa a velocidades cércanas a da luz e nuns poucos minutos pode tocar terra provocando problemas nas telecomunicacións terrestres (o luns día 5 de abril reportáronse problemas nas transmisións de radio e GPS en Australia e sureste Asiático). Así como tamén danos graves nos satélites e na estación espacial internacional, dependendo da potencia da eyección.

A segunda parte é a preocupante, a parte da EMC, que nas explosións fortes pode acadar os 2000 km/s co que lle levaría aproximadamente 72 horas en tocar o noso planeta.
As súas consecuencias poderían ser catastróficas, deixando inservibles primeiramente os circuítos electrónicos dos satélites e inducindo unha alta cantidade de enerxía as redes eléctricas de medio mundo, sobrecargando a rede e deixando sen corrente eléctrica a boa parte do planeta. Sobra dicir as consecuencias que isto último tería sobre a vida e a subsistencia das persoas.

Porque non nos está afectando?

Non nos está afectando porque temos un escudo magnético na terra chamado Magnetosfera, que é un campo magnético que vai dende o polo norte magnético ata o polo sur. A magnetosfera repele a maior parte das radiacións electromagnéticas do espazo igual que dous imáns se repelen cando se enfrontan entre si ca mesma polaridade.
É unicamente na zona dos polos, por onde comezan e acaban os campos magnéticos, as zona desprotexidas do campo magnético por onde saen desviadas as EMC e forman as coñecidas Auroras Boreais.

Podería chegar a afectarnos?

Si, e a verdade e que este é un tema o que nunca se lle dou tanta importancia como se lle está dando agora mesmo.

A NASA de feito, leva anos avisando de que nos anos 2012 e 2013 se podería producir unha gran catástrofe fruto de unha llamarada solar.

A ESA suscribiu as palabras da NASA e fora das axencias espaciais tamén recoñeceron este perigo presidentes como Obama ou David Cameron e institucións como a Comisión Europea ou as Nacións Unidas. Todo apunta a que este fenómeno non era, hasta este máximo solar, algo a ter en conta en canto a eventos perigosos; tan só fai falta ver algúns dos titulares das últimas semanas para darse conta de isto:

  • Obama reconoce formalmente la "amenaza nacional de tormenta solar".
  • Allianz alerta del riesgo para las centrales nucleares en caso de tormenta solar extrema asi como también colapso en hospitales, falta de potabilización de agua, caída del suministro eléctrico, etc
  • El estado del clima espacial se convierte en un problema internacional.
  • La OCDE declara formalmente las tormentas solares como uno de los “cinco grandes peligros potenciales”.
  • Londres declara las tormentas solares amenaza a la seguridad nacional.
  • EE.UU. revisa los planes de emergencia nuclear para evitar daños ante un evento solar.
  • La Organización Meteorológica Mundial" declara el clima espacial riesgo emergente.
  • El PSOE insta al gobierno a aprobar un protocolo de actuación frente a tormentas solares.

Todos coinciden en que estamos atravesando unha etapa perigosa e que o que pode derivar de este máximo solar pode chegar a ser preocupante.

Pola parte nacional tanto o goberno de Extremadura por medio de Protección Civil como o Observatorio Nacional do Clima Espacial publicaron Decálogos de boas practicas ante unha tormenta solar severa:

Que factores se deberían de dar para que iso aconteza?

Como xa comentamos antes, a magnetosfera protéxenos das EMC e da radiación electromagnética, pero hai catro factores que poden influír para que a magnetosfera nun momento dado deixe de ser efectiva e nos deixe totalmente expostos o perigo.

  • 1) Densidade e intensidade da CME: A canta mais densidade e intensidade da eyección peor serán os seus efectos. Entendendo por intensidade perigosa unha eyección C ou X.
  • 2) Posición de choque: A eyección para que chegue a ser perigosa tería que vir dunha zona activa do sol que nos estivese mirando totalmente de fronte.
  • 3) Estado da Magnetosfera: Unha magnetosfera que horas antes recibiu un choque de outra CME, ou que este sendo afectada por vento solar, estará en compresión, e polo tanto será mais vulnerable a un novo choque.
  • 4) Reconexión magnética: Si o campo magnético solar que viaxa ca fulguración ou a CME está orientado o sur, en vez de chocar e comprimir a magnetosfera repeléndose o que fai é realimentarse cas propias liñas magnéticas da terra e penetrar polas zonas comúns (polos).

Seguindo estos puntos daríanos este resultado do perigo:

  • Punto 1: É o mais usual en épocas de alta actividade, de por si só non tería perigo para nós.
  • Punto 1 e 2: De non darse outros factores tampouco tería perigo inminente e só levaría a unha compresión da magnetosfera.
  • Punto 1, 2 e 3: Risco de perigo moderado, podería chegar a afectarnos de maneira leve ou non afectarnos, dependendo da debilidade da magnetosfera nese intre.
  • Punto 1, 2 e 4: Perigo inminente, a peor combinación que se pode dar, non habería solución nin poderíamos evitar ser danados pola eyección.

Antecedentes

Ben é certo que dado o relativo pouco tempo que leva a nosa civilización tecnolóxicamente avanzada é difícil encontrar antecedentes preocupantes sobre a actividade solar. Non obstante temos dous antecedentes preocupantes nos últimos dous séculos.

- O apagón de Quebec: No ano 1989 a cidade e a area circundante de Quebec sufriu un apagón eléctrico en pleno inverno, apagón que durou cerca de 24 horas e no que se estima que se perderon miles de millóns de dólares. O cabo de esas 24 horas foise reestablecendo a enerxía con xeradores de gasoil pero non foi ata varios meses despois cando se conseguiu reemplazar por completo as decenas de transformadores que quedaron queimados trala tormenta solar.
Esta tormenta foi de relativa pouca intensidade (no que levamos de ano xa tivemos tormentas que superaron con creces a de este suceso) pero se deron os puntos 1, 2 e 4 citados anteriormente.

- Evento Carrington: Esta tormenta solar foi o fruto de dúas EMC, unha delas de baixa intensidade e orientada ó norte, e a segunda de intensidade elevada e orientada o sur.
Este evento non significou ningunha catástrofe xa que no ano que aconteceu, o 1859, a nosa civilización non estaba tecnoloxicamente avanzada. Aínda así as infraestructuras telegráficas da época de Europa e Norteamérica quedaron inutilizadas, queimando estacións telegráficas e cobrándose vidas humanas por electrocución. A tormenta tamén derivou en Auroras Boreais en latitudes tan baixas como Cuba ou Roma, o cal da unha idea da intensidade e grao de penetración da mesma.
É estremecedor pensar o que podería pasar si o evento Carrigton se repetira. Como estremecedor é saber que a NASA atreveuse a tasar a posibilidade de que algo así se repita nesta década nun preocupante 12%.

Conclusións

Estamos nunha época na que as tormentas solares están dando que falar, é obvio que este máximo solar esta tendo moita intensidade e iso desemboca en que se empece a tomar en serio o risco solar e non paren de aparecer titulares e datos verdadeiramente preocupantes sobre o tema; e si a iso unimos, para os menos escépticos, a “teoría” da fin do mundo no 2012, temos o cóctel perfecto para que se esaxere sobre o tema.

Polo que puiden indagar, persoalmente eu creo nin se debe esaxerar nin tampouco non tomarse en serio este tema, ben é certo que na nosa vida tecnolóxica non temos antecedentes que nos fagan preocupar sobre algo así, pero tamén é certo que máximos solares como o de estes anos tampouco tivemos.

Polo tanto, estamos obviamente ante un perigo real, aínda que con pouca probabilidade de que ocorra. O que está claro e que tamén por propia probabilidade algún día ocorrerá, non sabemos si neste máximo solar ou noutro, pero ocorrerá. E a realidade e que aínda que se está empezando a tomar en serio o tema e a aparecer algúns avances nos condutores eléctricos para impedir induccións eléctricas externas, a día de hoxe, estamos totalmente expostos as consecuencias de unha tormenta solar. Polo que si non se empeza a actuar pensando no futuro, algún dia poderíamos espertar co mundo patas arriba.

Se queredes estar o tanto sobre este tema, e seguir en directo toda a actividade solar, recoméndovos seguir os perfís en Facebook do “Grupo Amateur de Meteoroloxía Espacial” e do “Observatorio do clima espacial”, os cales respostaron amablemente algunhas das dúbidas que me surxiron a hora da elaboración de este artigo.

Artigos anteriores de Mario Rodríguez

Fonte

Comentarios