Sábado. 20.04.2024
El tiempo
09:00
07/10/11

Totalitarismo

Totalitarismo

A definición literal di que totalitarias son aquelas ideoloxías, movementos e rexímenes políticos onde a liberdade está seriamente restrinxida e o Estado exerce todo o poder sen divisións nin restricións, dun xeito moito máis intenso, extenso e evolucionado que aquel poder absoluto das monarquías do Antigo Réxime.

Os totalitarismos, ou rexímenes totalitarios, se diferencian de outros rexímenes autocráticos por ser dirixidos por un partido político que pretende ser ou se comporta na práctica como partido único fundíndose coas institucións do Estado.

Afondando máis nisto, cando un partido determinado insiste na crítica a todo aquilo que non cheire á súa ideoloxía, cando os acolitos de certo xeito de pensar, de certa doutrina ou de determinada ideoloxía insisten en denostar ou discriminar a aqueles que non pensan de xeito similar a eles, incurren nun tipo de totalitarismo novo e descoñecido. O dos partidos democráticos (supostamente) da nova era.

É ben coñecido o carácter autoritario, mandón e adoctrinante do PP. Non enganan a ninguén. Sábese de arrancada de que pé coxean. E parte da súa forma de ser o mostrarse pouco tolerantes. De feito, é dificil encaixar o liberalismo no xeito de facer politica do PP á vista da súa pouca afección a este modo de entender a liberdade. Liberais si, salvo para decidir en materia relixioso (ou catolico ou nada), en materia económica (o que diga a elite financieira esta ben) ou social (liberais, salvo para os pobres que so pretenden “vivir do conto”). E dicir, de liberais nada. Autocráticos e ditadores. Pero ollo, así se mostran e niso acreditan. Con escoitar a Cospedal anunciando que existirán parados que cobrarán o paro e outros que non chega. Claro e cristalino.

Outro conto é a esquerda (suposta) e o nacionalismo. O PSOE deriva dende hai anos (décadas) cara políticas totalitarias pero máis acentuada é á escora no BNG. Non entro aquí en debatir o ataque aá lingua dado que as accións nese senso son, en practicamente tódolos casos, de pura autodefensa do idioma e iso si é traballo dun partido nacionalista. Outro conto é o meollo ideolóxico dun discuro tan deslabazado e pobre como o dos nacionalistas no último trienio.

Apoio a fusión das caixas cando calquera vía con claridade en que acabaría o conto (eu o dixen a 25 de febreiro e non me teño por demasiado listo, a verdade), ausencia de criterio para manter a palabra dada despois da campaña das municipais, falla de criterio para decidir que está ben e que está mal á hora de apoiar unhas ou outras propostas, falla de peso político para, por exemplo, buscar apoios cos que provocar o referendo popular dos cambios na constitución.... en definitiva, un desastre.

Pero coidado. Se se trata de poñer en dúbida as raíces, se se trata de medir as distancias entre a liberdade individual e a común, se o asunto esta en definir en que recurtar e en que non no contexto de crise no que vivimos, aí, ollo, aí nada de bromas. Ou branco ou negro. Ou con nós ou contra nós. E, polo menos eu, non lembro así as cousas. A mesma valoración serve para un PSdG-PSOE en almoneda, a espera da chegada do “mesías” (por certo, despois das demisions polo caso Campeón... que xustifica que José Blanco siga sendo Ministro?... O mesmo que xustifica a Vigo de alcalde?. Pésimas comparacións a mes e medio das xerais).

Totalitarismo. Un partido toma o mando e os demais, como borregos, seguen o dictado dos “líderes”. Coma sempre, os partidos son máis impedimento que solución. Mentres, baixo o sol de outubro, medra o paro, aumentan as débedas e pechan negocios e empresas. Tranquilidade, xa queda menos para o apocalipse.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Máis información e contacto

Verdades anteriores

Comentarios