Venres. 19.04.2024
El tiempo
11:39
12/04/12

Zozobra

Custa poñerse en plan positivo. Máis que custar, resulta imposible que, ao tempo que se van consumando as profecias que algúns facíamos, agoreiros da realidade máis triste que nos atenaza, un sexa quen de lograr imprimir algo de forza, de carácter, de ánimo a unha situación como a actual.

España non é democratica. O dixen por primeira vez hai máis de dous anos e o reitero a vista de como o actual goberno se desfai das mínimas garantías da liberdade constitucional impedindo o dereito de reunión (iso é o que fan, chamenlle como o chamen) castigando a resistencia pasiva como si de actos terroristas se tratara (e lexitimando polo tanto estes) e recurtando en educación e sanidade, pedras angulares do estado de dereito en canto promoveen unha poboación sana, formada e culta.

Estamos a menos de dous centímetros do fascismo clásico a xeito de ditadura política e, parafraseando a alguen con mais cabeza e instruccion ca min nestas lides, estamos repetindo a historia. En concreto, repetimos aquel periodo no que a CEDA, as dereitas previas a guerra civil, desfacía a conciencia o levantado pola segunda república para, dous anos despois, e a vista de que era a Frente Popular a que saia de novo vencedora, promover un golpe de estado que derivou no que derivou. 40 anos de ditadura.

Mirade, isto da economía, cando se lle quita o artificio, a mandanga e a tontería, é ben sinxelo. Resulta que tiñamos unha leira de patacas de onde, entre 2002 e 2007, fomos sacando entre 20 e 50 sacos de patacas. Na vez de gardar parte deles, ou facer tortillas, ou trocalos por outros produtos menos perecedeiros, o que fixemos foi regalalas. Agora, de repente, cando da mesma leira sae escasamente un saco e medio nas boas colleitas, agora, é cando teiman en gardar pataca tras pataca. Agora.

O máis preocupante de todo é que o mellor, entre comiñas, está aínda por vir. A posta en práctica dos recurtes en educación vainos colocar diante dun escenario complexo. Sanidade e educación son competencias plenamente autonómicas, polo tanto a pregunta esta clara, quen lle vai dicir a Cataluña e Pais Vasco que recurten nesta materia?, quen vai facer factibles eses recurtes, ou calquera outros, en materias nas que socialistas, PNV ou CIU non estean de acordo? Que vai facer Rajoy, o mudito dos 7 ananos, cando o lehendakari de turno lle diga que non é a sua competencia e “venga paki la pasta”?... que vai facer? sacar os tanques?

Hai, diante nosa, un enorme precipicio cara o que imos a toda velocidade. E os que deberían frear a caída imprimen maior forza e ritmo a unha fuxida desaforada cara ningunha parte. O resultado, o mesmo que pronosticaba hai 9 meses, hai 4 ou hai sete dias. Sangue e lume. So é cuestión de tempo.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).

Verdades

As Verdades como puños de José Luís Louzán

Comentarios