Xoves. 28.03.2024
El tiempo
Darío Areas
08:52
26/03/14

A colección de ouverivería da Fundación (VII)

A colección de ouverivería da Fundación (VII)
Escribanía de prata da dirección do Instituto Fernando Blanco.

Nas memorias da Fundación aparecen múltiples referencias á riqueza da dotación do instrumental litúrxico da capela.

“En el pasado mes de mayo tuvimos la visita del Ilustrísimo Sr. D. Ramiro Fernández Valbuena, Obispo Auxiliar de Santiago, que al recorrer las parroquias de este Arciprestazgo de Nemancos, cumplió su deber pastoral en la Capilla pública de San Fernando, de nuestro Colegio, la cual encontró ricamente dotada de ornamentos y vasos sagrados, y en todas las condiciones debidas para la celebración del culto”.
José María Guillén Cabeza. Profesor e Secretario do Colexio-Instituto da Fundación Fernando Blanco. Memoria do Curso 1914-15.

A completa colección de ourivería relixiosa, procedente prácticamente toda ela da fábrica madrileña de Meneses, foi mercada no ano 1887, xusto antes de inaugurarse a capela.

Trátase dunha colección moi variada, con pezas confeccionadas en metal prateado ou sobredourado.

A colección actual consta de:

  • Dous cálices;
  • Dúas patenas;
  • Dúas navetas;
  • Dous incensarios;
  • Un ostensorio;
  • Un portaviático;
  • Un copón;
  • Un xogo de vinaxeiras;
  • Unha mopa de altar;
  • Unha palmatoria;
  • Dúas campaniñas;
  • Un acetre con hisopo;
  • Tres sacras;
  • Unha cruz de altar;
  • Vinte candeeiros de distintos tamaños;
  • Unha crismera;
  • Dúas cruces procesionais;
  • Un atril.

Outros Tesouros

Custodia da Capela da Fundación. Prata Meneses

Quizais a peza máis destacada dentro deste apartado sexa a escribanía de prata, de decoración rococó, e personalizada, posto que ó igual que moitas das pezas que conformaban a vaixela do Colexio, presenta as inicias “CB”, iniciais do Colexio Blanco, como era coñecida a institución ceense, posto que o seu verdadeiro nome era excesivamente longo (Colexio-Instituto e Escolas da Fundación Fernando Blanco de Lema de Santa María da Xunqueira de Cee); escribanía á que se fai referencia na memoria do curso 1890-91 do seguinte xeito:

“Es digna de mencionarse también la preciosa escribanía, verdadera joya de orfebrería, construida en uno de los más acreditados talleres de la corte, con destino al majestuoso salón de actos”.
Pío Casais Canosa. Profesor e Director do Colexio-Instituto da Fundación Fernando Blanco. Memoria do Curso 1890-91.

Outra peza de gran valor simbólico é o estandarte do centro, mercado entre 1886 e 1887, e que se empregaba en tódolos actos e actividades da institución, como se pode ollar neste fragmento da translación dos restos de D. Fernando Blanco dende a Igrexa Parroquial de Santa María da Xunqueira á capela do centro.

“(...) en unión del Sr. Director, profesores y demás personal del Establecimiento, y se dirigieron á la Iglesia Parroquial, acompañados de los niños y niñas de las Escuelas, quienes llevaban una vela en sus manos; cuatro porteros vestidos de gala conducían un anda lujosamente adornada, en la que habían de ser trasladadas tan veneradas cenizas; el magnífico y hermoso estandarte, insignia de este Centro de enseñanza, era transportado por el auxiliar de la Escuela de niños D. Luís Villaverde.
José García Rúa. Profesor e Secretario do Colexio-Instituto da Fundación Fernando Blanco de Lema. Memoria do Curso 1888-89.

O estandarte, de tea bordada con fío de ouro e con pedrería de diversas cores, presenta nunha das súas caras unha reproducción ó óleo dunha das Inmaculadas Concepcións de Bartolomé Esteban Murillo, coa lenda “MARIA SINE LABE CONCEPTA” (María sen pecado concebida), e na outra cara, unha representación, tamén ó óleo, de San Fernando III O Santo, coa lenda “COLEGIO Y ESCUELAS BLANCO. SANTA MARÍA DE CEE”.

Bandexa con inscricion Colegio de Sta M de Cee- Prata Meneses

Era posuidora a Fundación dun moi completo conxunto de enseres de cociña que se empregaban nas festividades, á hora da celebración de algún aperitivo.

Contábase con fermosas vaixelas antigas de louza e cristal, manteis de liño, así coma unha completa cubertería que facían as delicias dos que tiñan a sorte de poder disfrutalas.

O inexorable paso do tempo e os avatares ós que estas pezas estiveron sometidas, deu coma resultado a perda dunha boa parte delas, pero, aínda así, os exemplares que “sobreviviron”, amósannos a riqueza e luxo deste conxunto que permanece na memoria de moitos veciños de Cee.

(...)

Tesouros Ocultos da Fundación

Novas da Fundación

Artigos sobre Fernando Blanco de Lema

Outros artigos de Darío Areas

Tesouros da Fundación

Máis información

Para unha información máis detallada sobre a figura de Fernando Blanco de Lema e da historia do Instituto da Fundación e da antiga Escola de Nenas, así como tamén do Museo, podedes visitarnos na Praza da Constitución, nº 25 de Cee, ou na web: www.museofernandoblanco.org.

Fonte

Comentarios