Venres. 19.04.2024
El tiempo
Darío Areas
09:38
19/05/14

As Placas conmemorativas de Enrique Mayer Castro (III): Antonio Vázquez Queipo

As Placas conmemorativas de Enrique Mayer Castro (III): Antonio Vázquez Queipo
Placa adicada a Antonio Vazquez Queipo elaborada por Enrique Mayer-1900 Antonio Vazquez Queipo-Oleo de Federico de Madrazo exposto no Museo-1888

A segunda placa conmemorativa está adicada a Antonio Vázquez Queipo, 3º albacea de Fernando Blanco de Lema entre os anos de 1880 e 1900.

Antonio Vázquez Queipo naceu o 1 de novembro de 1840 na Habana (Cuba), cando o seu pai, o insigne matemático Vicente Vázquez Queipo, desempeñaba o elevado cargo de Fiscal de Facenda na illa caribeña.
En Madrid cursou a carreira de Dereito ata o doutoramento.
No 1864 regresou a Cuba, onde desempeñou os importantes cargos de Tenente Fiscal da Audiencia da Habana, Asesor Letrado do Tribunal de Comercio de Cuba e Síndico Primeiro do Concello, a cuio cargo estaba a defensa dos escravos, e Vocal Letrado da Xunta de Bens Embargados.
No mes de maio de 1870 ingresou no Corpo de Voluntarios, rexeitando o nomeamento de capitán, e máis tarde o de coronel.
Sendo conselleiro do Banco de España da Habana arreglou a débeda daquela institución, logrando o pago de nove millóns e medio de pesos de ouro, e colocou en París os primeiros vinte millóns da Débeda, coñecida co nome de Cubas (billetes hipotecarios), merecendo unánimes eloxios polo éxito da súa eficaz xestión.
En 1878 representou no Congreso ó distrito de Quiroga; despóis foi elixido pola Habana, e posteriormente, Senador por Puerto Rico, ata que no 1890 foi nomeado Senador Vitalicio.
Estaba en posesión da Gran Cruz de Isabel A Católica e era benemérito da patria.

Era Conselleiro do Banco de España dende 1887, e da Compañía Arrendataria de Tabacos dende a súa constitución.

  • “Era uno de los políticos españoles más entendidos en asuntos económicos y financieros, y que con más sinceridad y honradez puso su talento y su prestigio al servicio de la patria, renunciando á muy altos cargos que le fueron ofrecidos por el partido liberal”.
    -La Ilustración Española y Americana, no XI, do 22 de marzo de 1900.

O 13 de marzo de 1900 falecía en Madrid Antonio Vázquez Queipo, e ese mesmo día reuníronse, no local de Dirección do Colexio e Escolas, os profesores e empregados da Fundación.

  • “Dicho Sr. Director, profundamente conmovido, dio cuenta á los presentes de la fatal noticia que acababa de recibir, consistente en el fallecimiento del Excmo. Sr. D. Antonio Vázquez Queipo, ocurrida en Madrid á las cuatro de la madrugada de hoy”.
    - Acta da reunión do Claustro de Profesores. 13 de marzo de 1900. Arquivo da Fundación Fernando Blanco.

O 17 de marzo de 1900, nunha nova reunión, esta vez só dos profesores, na que se comunica que Antonio Vázquez Quiroga tomara posesión do cargo de albacea fideicomisario de Fernando Blanco de Lema, por disposición do seu irmán político recentemente finado, tómase a seguinte decisión:

  • “Que teniendo en cuenta la proposición del citado Sr. Director exponiendo la necesidad de celebrar funerales por el eterno descanso del alma del Excmo. Sr. Vázquez Queipo, desean se verifiquen estos con la mayor solemnidad posible en la Iglesia Parroquial de esta villa, por no ser fácil en la Capilla del Establecimiento á causa de sus reducidas dimensiones, e invitando para este acto a las autoridades, sociedades de recreo y personas principales de este pueblo y del inmediato de Corcubión”.
    - Acta da reunión do Claustro de Profesores. 17 de marzo de 1900. Arquivo da Fundación Fernando Blanco de Lema.

Posteriormente, o 23 de xaneiro de 1901, nunha nova reunión, queda constancia que foi encargada e realizada a placa conmemorativa adicada a Antonio Vázquez Queipo, e que a mesma foi sufragada polo persoal do Centro.
A placa adicada a Antonio Vázquez Queipo, máis pequena e sinxela ca do seu pai, presenta a seguinte inscrición:

  • “AL EXCMO. SEÑOR D. ANTONIO VÁZQUEZ QUEIPO Y COSTE. DOCTOR EN DERECHO, CABALLERO GRAN CRUZ DE ISABEL LA CATÓLICA; SENADOR VITALICIO DEL REINO, CONSEJERO DEL BANCO DE ESPAÑA Y DE LA COMPAÑÍA ARRENDATARIA DE TABACOS, BENEMÉRITO DE LA PATRIA, MODELO DE POLÍTICOS HONRADOS Y CONSECUENTES; AMANTÍSIMO DE LA LIBERTAD Y DEL PROGRESO, ENTUSIASTA POR LA INSTRUCCIÓN Y EDUCACIÓN DE LOS JÓVENES, CELOSÍSIMO FIDEICOMISARIO DE D. FERNANDO BLANCO DE LEMA A CUYAS INICIATIVAS Y GENEROSIDAD SE DEBE EL QUE ESTA CASA POSEA MAGNÍFICO MATERIAL DE ENSEÑANZA Y EXCELENTE BIBLIOTECA; VARÓN DE CARIDAD INAGOTABLE Y DE TANTO TALENTO COMO MODESTIA, EL PERSONAL DEL COLEGIO DE CÉE LE DEDICA ESTA POBRE LÁPIDA COMO DEBIL MUESTRA DE GRATITUD, RESPETUOSO CARIÑO Y ADMIRACIÓN SINCERA. NACIÓN EN LA HABANA EL 1o DE ENERO DE 1840. FALLECIÓ EN MADRID EL 13 DE MARZO DE 1900”.
O marco orixinal desta placa perdeuse e conta cunha reproducion feita polo ex-mestre do IES Fernando Blanco Manolo Canosa no ano 1996

Tesouros Ocultos da Fundación

Novas da Fundación

Artigos sobre Fernando Blanco de Lema

Outros artigos de Darío Areas

Tesouros da Fundación

Máis información

Para unha información máis detallada sobre a figura de Fernando Blanco de Lema e da historia do Instituto da Fundación e da antiga Escola de Nenas, así como tamén do Museo, podedes visitarnos na Praza da Constitución, nº 25 de Cee, ou na web: www.museofernandoblanco.org.

Fonte

Comentarios