Venres. 26.04.2024
El tiempo
09:18
09/11/12

Denuncian o intento da empresa mineira de mercar a prezos de saldo os montes de Corcoesto

Denuncian o intento da empresa mineira de mercar a prezos de saldo os montes de Corcoesto
Vistas de Corcoesto, Cabana- Foto- Plataforma Salvemos Cabana

A Plataforma pola Defensa de Corcoestodenuncia o intento da empresa mineira de mercar a prezos de saldo os montes de Corcoesto. Os membros da entidade aseguran que "a empresa mineira canadense EDGEWATER pretende enganar á veciñanza de Corcoesto ofrecéndolles prezos de liquidación polos seus montes, onde pretende instalar a mina de ouro a ceo aberto".

A Plataforma dirixiuse á veciñanza explicándolle que "é un intento máis de enganalos, tal como se fixo co prezo das catas, a invasión de propiedades, a falsa oferta de postos de traballo..." E por iso, estas nocións a ter en conta polos veciños afectados:

  • 1º.- Que a empresa mineira non ten ningunha garantía de obter licenza para a explotación da mina de ouro nos montes de Corcoesto, malia que a mesma e os seus altofalantes mintan dicindo o contrario e que xa é proxecto estratéxico.
  • 2º.- Que no caso de que a empresa mineira obteña licenza de explotación, esta leva implícita a declaración de utilidade pública, que significa que a empresa pode expropiar os montes de Corcoesto, neste hipotético caso, os prezos ofertado pola empresa mineira polos montes de Corcoesto son moi inferiores aos prezos de mercado dos mesmos. Para a determinación do prezo de mercado hai que tomar como referencia operacións de compravenda realizadas recentemente. Outro prezo que se pode tomar como referencia é a valoración dos montes de Corcoesto que fai a Consellería de Facenda para a liquidación do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais. Esta valoración da Consellería de Facenda está baseada, segundo a propia Consellería, en transaccións recentes dos montes de Corcoesto.
  • 3º.- Neste momento a veciñanza NON TEN NINGUNHA OBRIGA DE VENDER Á EMPRESA MINEIRA OS MONTES NIN A OUTROS SUPOSTOS COMPRADORES, polo que a Plataforma aconsella a quen teña propiedades que NON VENDAN OS SEUS MONTES NA ACTUALIDADE A ESES PREZOS.
  • 4º.- É absolutamente FALSO, que quen non venda agora despois vai a recibir un prezo inferior. A realidade é que QUEN NON VENDA AGORA, VAI RECIBIR UN PREZO SUPERIOR, e como mínimo igual. Isto é así porque no caso de ir a unha expropiación, o propietario dos montes sempre vai a poder defender os prezos de transaccións recentes.

Recunchos da Costa

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios