Martes. 19.03.2024
El tiempo
Domingo Guerra
23:20
14/11/18

Auditores privados nas intervencións municipais

Auditores privados nas intervencións municipais

BOE 12 maio 2017O órgano interventor conforma o eixo medular do aparato administrativo municipal, porque ten atribuído o control interno da xestión económico-financeira e orzamentaria da entidade.

Esta función esixe fiscalizar os actos de contido económico, os cobros e pagos que se deriven deles e a aplicación dos caudais públicos a súa finalidade, co propósito de que todas as actuacións se adecúen aos principios de boa xestión.

Pois ben, coa finalidade de reforzar o papel do interventor, recentemente entrou en vigor un regulamento que, segundo se indica no seu preámbulo, nace para preservar a xestión regular dos fondos públicos, o emprego eficiente dos mesmos e a sustentabilidade financeira.

En principio todo correcto, incluso o deseño do modelo respecta o principio da autonomía local, na medida en que se limita a establecer os estándares mínimos do réxime de control, polo que corresponderá a cada concello adaptar á súa realidade específica aos instrumentos que se prevén, en función dos riscos e dos medios dispoñibles.

Sen embargo, continuamos sen medidas que garantan a plena autonomía e independencia dos interventores respecto dos órganos políticos, ao seguir dependendo parte das súas retribucións, por exemplo, do pleno de cada corporación local.

Pero do que non se esqueceu o lexislador foi de regular a contratación de auditores privados para «colaborar» co órgano interventor. Unha situación perseguida –mellor dito, buscada interesadamente– desde hai tempo, polas «big four» (as catro maiores firmas de auditoría), un grupo de poder, con portas xiratorias, que por fin verán cumprido o seu propósito de auditar aos nosos concellos. Unha oportunidade de negocio nada desprezable.

Non nos enganemos, o obxectivo último deste «lobby» consiste, loxicamente, en maximizar beneficios. Por iso, non podo estar de acordo cos que defenden con ímpeto desmedido que, coas auditorías privadas, se controlará mellor o sector público e se optimizará a loita contra a fraude.

 

Outros artigos sobre Economía Municipal de Domingo Guerra

Comentarios