Xoves. 28.03.2024
El tiempo
Domingo Guerra
23:15
23/01/19

Benvido, 2019

Benvido, 2019

Neste ano que acabamos de estrear, cargado de ilusións e expectativas polas eleccións municipais do cuarto domingo de maio, continuaremos ofrecendo información e análise sobre a nosa realidade económica municipal.

Un compromiso que asumo con respecto e agradecemento a todos os que seguen mensualmente esta sección. Porque, nestas aportacións, como nos debates intelixentes, poucos cuestionan a obxectividade dos datos que se extraen de fontes solventes, deixando a discrepancia para cando se efectúan xuízos de valor.

Proseguiremos, por tanto, publicando aspectos económicos relevantes, para comprender mellor as peculiaridades do sector público local, cando o permita o principio de transparencia, tantas veces esquecido polos gobernantes e pouco reclamado polos cidadáns.

Porque é preciso concienciarnos da endémica insuficiencia de ingresos, provocada pola pobreza dos tributos propios da que somos responsables. Porque é o momento de rexeitar a forte dependencia financeira doutras administracións, consecuencia dunha inhibición fiscal premeditada. Porque se debe emendar a rixidez orzamentaria derivada dunha lexislación disparatada, que limitou recursos materiais e persoais para o exercicio de funcións públicas indispensables. Porque hai que poñer fin ao despoboamento, motivado pola ausencia de traballo. Porque chegou 2019 e poderemos renovar a confianza nos alcaldes que temos ou elixir a outros diferentes, coa finalidade de que resolvan con valentía, rigor, eficiencia e honestidade os múltiples obstáculos que condicionan a viabilidade económica municipal.

 

Outros artigos sobre Economía Municipal de Domingo Guerra

Comentarios