Xoves. 28.03.2024
El tiempo
Domingo Guerra
11:52
02/10/19

Comisión Especial de Contas

Ditame da Comisión Especial de Contas 2017
Ditame da Comisión Especial de Contas 2017
Comisión Especial de Contas

«Se queres que un problema perdure, crea unha comisión». Esta frase, este aforismo atribuído a Napoleón Bonaparte, non debe aplicarse á «Comisión Especial de Contas» municipal. Porque se trata dun órgano de existencia obrigatoria en todas as entidades locais, que ten como función primordial emitir «ditame» sobre a Conta Xeral.

Está integrada por concelleiros designados polos grupos políticos en proporción ao número de representantes municipais, e debe reunirse antes do primeiro de xuño para examinar, con todo luxo de detalles, os antecedentes e xustificantes da xestión orzamentaria efectuada, neste caso, polo equipo que estaba no goberno en 2018.

Precisamente, debido á súa relevancia, a lei establece que sexa convocada con tempo suficiente para que a Conta Xeral –o documento principal da xestión económica, financeira e orzamentaria realizada por un concello–, poida levarse ao pleno antes do primeiro de outubro e remitida en prazo (antes do 15 de outubro) ao Consello de Contas para a súa fiscalización.

Sen embargo, observamos un profundo deterioro da súa función ao incumprirse o prazo da emisión do preceptivo ditame. Circunstancia que non ten que ver coa cor política do gobernante nin co tamaño do municipio, porque a incidencia é común á maioría dos nosos concellos, como se observa nos resultados do ano pasado que se presentan na táboa

Esta situación, de vulneración dos prazos, que tamén se reproduce na aprobación do orzamento, no pago a provedores, na rendición de contas, etcétera, segue sorprendendo pola escasa sensibilidade cando non se acompaña de sancións. 

Por iso, neste espazo, continuaremos denunciando este tipo de comportamentos, que non están no debate público nin nas axendas dos nosos políticos, pero afectan ao bo uso da lóxica democrática ao infrinxir preceptos legais sen ningún tipo de xustificación.

 

OUTROS ARTIGOS SOBRE ECONOMÍA MUNICIPAL DE DOMINGO GUERRA

 

Comentarios